"Biafra" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Nome que tomou a antiga rexión Oriental de Nixeria (76.364 Km2), ao declararse independente o 30 de maio de 1967. A maioría da poboación é ibo. Predomina o Catolicismo, a diferenza das rexións do N, onde o Islam é maioritario. Os principais recursos económicos son a agricultura, o carbón, o petróleo e o gas natural. As principais cidades son Onitsha, Enugu, Owerri, Umuahia, Aba, Porto Harcourt, Calabar e Bonny. Despois do golpe de estado do xeneral nixeriano Yakubu Gowon, en xullo de 1966, o gobernador da rexión Oriental, xeneral Chukwerneka Odumegwu Ojukwu, negouse a recoñecer o novo goberno; a crise producida por mor deste feito acrecentouse coas matanzas de poboación ibo ao N (30.000 en xullo de 1966), matanzas que responden a un desexo de vinganza dos emires do norte polo asasinato do principal dirixente e o papel de minoría privilexiada dos ibos na rexión Hausa. A sensación de ser perseguidos polo novo goberno militar xunto co feito de ser esta rexión unha das mais prósperas,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golfo de Bonny.

    VER O DETALLE DO TERMO