Capital do condado metropolitano de West Middlands, en Inglaterra, Reino Unido (1.024.118 h [1991]). É o centro da aglomeración urbana do Black Country, convertida en núcleo manufactureiro do ferro grazas ao carbón das proximidades. O esgotamento das minas marcou o decrecemento da súa importancia industrial. Na actualidade é aínda un gran centro metalúrxico, con fábricas de motores, maquinaria e automóbiles. Ademais constitúe un importante centro de ensino superior, grazas ás dúas universidades que acolle, a University of Birmingham, fundada en 1900, e a University of Aston in Birmingham, fundada como escola técnica en 1895 e convertida en universidade en 1966. Birmingham tamén é un nó ferroviario e posúe un aeroporto internacional. Nacida nunha encrucillada de camiños, a primeira mención histórica aparece no Domesday book, datado no s XI. Xogou un papel importante durante a Guerra Civil (s XVII), ao aliarse cos parlamentarios. En 1643 foi ocupada e destruída parcialmente polas...
Cidade do estado de Alabama, EE UU, ao pé das montañas Beaver Creek (258.543 h [1996]). Debe o seu desenvolvemento industrial (baseado no sector siderometalúrxico) á existencia de minas de ferro e de hulla no contorno. Encrucillada das liñas do ferrocarril, foi fundada en 1871 pola compañía urbanizadora Elyton Land, financiada pola compañía ferroviaria oficial, que desexaba contar neste punto cun centro loxístico. O seu aeroporto posúe categoría internacional. Tamén é un destacado centro de ensino superior, sede de tres institucións universitarias: a Samford University, fundada en 1841, o Birmingham Southern College, fundado en 1918, e a University of Alabama in Birmingham, fundada en 1966.