Birmingham
Birmingham
Cidade do estado de Alabama, EE UU, ao pé das montañas Beaver Creek (258.543 h [1996]). Debe o seu desenvolvemento industrial (baseado no sector siderometalúrxico) á existencia de minas de ferro e de hulla no contorno. Encrucillada das liñas do ferrocarril, foi fundada en 1871 pola compañía urbanizadora Elyton Land, financiada pola compañía ferroviaria oficial, que desexaba contar neste punto cun centro loxístico. O seu aeroporto posúe categoría internacional. Tamén é un destacado centro de ensino superior, sede de tres institucións universitarias: a Samford University, fundada en 1841, o Birmingham Southern College, fundado en 1918, e a University of Alabama in Birmingham, fundada en 1966.