"Bizancio" (Contén)
Mostrando 19 resultados de 19.
-
PERSOEIRO
Emperador de Bizancio (1081-1118). Fillo do Comandante en Xefe da garda palatina, Xoán Comneno I, e neto do Emperador Isaac I. Cos seus irmáns, opostos aos Ducados, impúxose na revolta do 1081, que levou a Aleixo ao trono. Bo militar e diplomático, conseguiu remontar o Imperio. Acadou a submisión de Bitinia (1081). Loitou tamén contra o normando da Apulia Robert Giscard, que invadira o Epiro; a Tracia, contra os tártaros (1091), e Asia Menor, contra os turcos seliúcidas. Pactou con Venecia e Pisa, feito que iniciou a prosperidade das repúblicas italianas no Oriente Medio. Atacou os herexes bogomís e cargou a Igrexa de impostos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador de Bizancio (1180-1183). Fillo de Manuel I e de María de Poitiers-Antioquía. No 1180 casa con Agnes (ou Ana) de Francia, filla de Luís VII. Á morte de seu pai no 1180, foille encargada a rexencia á súa nai. Andrónico, igual que Manuel I, entrou en Constantinopla, asasinou a rexente e Aleixo foi proclamado Emperador.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador de Bizancio (1195-1203). Irmán e sucesor de Isaac II, ao que destronou coa axuda da nobreza e do exército. No 1203 foi destronado polo fillo de Isaac II, Aleixo (que gobernou como Aleixo IV Anxo), quen se unira cos cabaleiros da cuarta cruzada e cos venecianos na toma de Constantinopla. Aleixo III partiu para Tracia e pasou a Asia Menor, pero inimizouse co Emperador de Nicea, Teodoro I Lascaris, que o fixo prisioneiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Coemperador bizantino (1203-1204), fillo do Emperador Isaac II. Á caída do seu pai (1195) foi apresado polo seu tío, Aleixo III. No 1203 aliouse cos xefes da cuarta cruzada para que lle axudasen a restaurar a Isaac II no trono. Os cruzados tomaron Constantinopla (1203), repuxeron a Isaac II e nomearon Coemperador a Aleixo. Foi derrocado por Alexandre V Ducas, o Murzufle. Morreu afogado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
o Murzufle (? - ? 1204) Emperador de Bizancio (febreiro-abril 1204). Alto funcionario de palacio, casado con Eudosia, filla do emperador Aleixo III Comneno. Foi proclamado a raíz da revolta de Constantinopla contra os cruzados e os emperadores Isaac II e Aleixo IV Anxo. Cando os cruzados tomaron Constantinopla refuxiouse en Tracia, protexido polo seu sogro. Morreu a mans dos latinos, que o tiraron dende o alto da estatua de Teodosio en Constantinopla.
-
PERSOEIRO
Gramático e filólogo grego. Foi director da Biblioteca de Alexandría e mestre de Aristarco de Samotracia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador de Bizancio (867-886), coñecido como o Macedonio, fundador da dinastía macedónica. De orixe modesta, converteuse en confidente do Emperador Miguel III, a quen fixo asasinar no 867. Recoñecido Emperador, restableceu o creto do malparado tesouro público e reorganizou a administración de xustiza e o exército. Intentou reconciliar a igrexa grega coa romana, motivo polo que destituíu o patriarca Focio por Ignacio (seguindo os desexos do Papa) e reuniu o VIII Concilio Ecuménico en Constantinopla (869-870). Consolidou a presenza bizantina en Rusia, Macedonia, Serbia e Bulgaria, expulsou os árabes de Asia Menor e tentou restaurar a autoridade do Imperio Bizantino sobre a Italia meridional (reconquista de Benevento e Bari). Baixo o seu reinado principiou a reforma legal coa publicación de dous manuais: o Prókeheiros nómos (Manual de dereito) e o Epanagogé. Asociou ao trono os seus fillos Constantino e León; sucedeuno este último.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador de Bizancio (976-1025), coñecido como Bulgaróctonos ‘matador de búlgaros’. Fillo de Romano II e de Teofán, o seu reinado principiou á morte de Xoán I Tzimisces (976). No 996 iniciou a loita contra Bulgaria e no 1014, trala derrota definitiva do Tsar búlgaro Samuel, converteuna en provincia bizantina (1018). Fixo fracasar a insurrección dos grandes propietarios rurais en Asia Menor e promulgou diversas medidas que favorecían os labregos. Consolidou o dominio do Imperio en Siria e na Italia do Sur.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Antiga cidade situada na zona europea do Bósforo, na costa norte. Foi unha colonia grega fundada polos colonos de Megara no s VII a C. Ocupaba parte do emprazamento da actual cidade de Istambul. O seu porto, situado entre o Mar Negro e o Mar Mediterráneo, e coñecido polo nome de corno de ouro, converteu a cidade nun centro comercial e estratéxico de grande importancia. A principios do s V a C foi destruída por Darío I. O espartano Pausanias reconstruíuna no 479 a C, abrindo unha época de disputas entre Esparta e Atenas polo dominio da cidade. No 409 a C Alcibíades tomou a cidade, pero catro anos despois os espartanos, baixo a dirección de Lisandro, expulsaron os atenienses. Non obstante , no 390 a C, a cidade caeu de novo baixo o dominio ateniense. No 357 a C, aliada da satrapía persa de Caría e das illas gregas de Khíos, Rodas e Kos, acadou a súa independencia. A cidade recoñeceu a soberanía de Macedonia baixo o goberno de Alexandre Magno pero recuperou a súa independencia no...
-
Nome co que se coñece tamén o Imperio Bizantino.
-
-
PERSOEIRO
Historiador armenio. Foi autor dunha historia de Armenia escrita en grego (344-392), da que só se conserva a copia armenia co título Patmut‘iwn Hayoc‘.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador bizantino (1143-1180), fillo de Xoán II Comneno de Bizancio. Continuou a guerra contra os turcos e resistiu un ataque dos normandos (1149). Intentou recuperar Dalmacia pero a oposición de Venecia provocou unha guerra marítima (1171-1175) que tivo fatais consecuencias para os bizantinos. Foi derrotado en Asia Menor polos turcos selxúcidas (1176), que trala súa morte se estenderon por todo o territorio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador de Oriente (811-813), xenro de Nicéforo I. En 811 sucedeu a Estauracio coa axuda dos iconólatras. Este feito desagradou de tal maneira ao exército, iconoclasta na súa maior parte, que se rebelou e proclamou emperador ao estratego León V o Armenio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador de Oriente (820-829). De familia humilde, conseguiu o mando da garda palatina. Encarcerado e condenado a causa dun complot, á morte de León V foi liberado e proclamado emperador, e con el quedou instituída a dinastía amoriana ou frixia. Durante o seu reinado, os árabes procedentes da Península Ibérica ocuparon Creta (824), e outros, procedentes de África, iniciaron a conquista de Sicilia (827).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador de Oriente (842-867), fillo e sucesor de Teófilo. Home famoso pola súa torpeza e luxuria, abandonou o poder nas mans do seu tío Bardas. Baixo o goberno deste, a Igrexa eludiu a autoridade de Roma e consumou o cisma (858). Unha vez establecida a guerra contra os árabes, quixo asumir o mando do exército e foi derrotado en Samosata (859).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador de Oriente (1034-4101). Subiu ao trono pola vontade de Zoé, a emperatriz viúva de Romano III, coa que casou o mesmo día que morreu violentamente o emperador. Home incapaz para o exercicio da política, deixou todos os asuntos de goberno nas mans do seu irmán Xoán.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador de Oriente (1295-1320), fillo primoxénito de Andrónico II. Asociárono ao trono en 1295. Combateu sen éxito á fronte do exército bizantino contra os otománs, que se estableceran xa definitivamente en Asia Menor.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador de Oriente (1041-1042). Subiu ao trono á morte do seu tío Miguel IV, que o fixera adoptar pola Emperatriz Zoé. De xeito inmediato, tentou retirar á emperatriz nun convento, pero o pobo rebelouse. Foi cegado e recluído nun convento.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador de Oriente (1056-1057). Designado polo emperador, sucedeu a Teodora no trono imperial. Tivo que enfrontarse a unha insurrección dirixida por Teodosio, presidente do Senado e, en África, á rebelión dunha parte do exército, que proclamou emperador a Isaac I Comneno. Ao ver que as súas tropas leais eran derrotadas en Nicea e que o pobo de Constantinopla o rexeitaba, abdicou (1057).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador de Oriente (1071-1078), fillo e sucesor de Constantino X. O seu reinado foi unha sucesión de desastres: insurrección dos búlgaros, incursións dos pechenegos en Macedonia e Tracia ou revoltas dos selxúcidas en Armenia. Impotente para afrontar unha situación tan difícil, abdicou e abrazou o estado eclesiástico.
VER O DETALLE DO TERMO