"Blake" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • Episodio de polaridade magnética negativa dentro da fase positiva Bruhnes. A súa aparición é coetánea do comezo do interglacial Riss-Würm e da fase 5 da curva isotópica, polo que se emprega para datar o inicio do Plistoceno superior, hai uns 120.000 anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Participou activamente na Guerra da Independencia contra os franceses ao mando do exército galego. Foi coronel dos voluntarios da Coruña e xefe supremo das forzas galegas (20.6.1808). Reorganizou as tropas galegas, eliminando a maior parte das unidades improvisadas e incorporando os voluntarios aos rexementos de liña ou ás milicias. Ao mando do exército galego enfrontouse cos franceses en Medina de Rioseco, onde foi derrotado e obrigado a retroceder ata Astorga; en Zornoza, batalla que libraron cos franceses trala toma de Bilbao foi obrigado á retirada cara a Galicia. Trala súa destitución á fronte do exército galego (15.11.1808), encargouse da defensa de València durante o asedio da cidade (1811-1812), actuación pola que recibiu duras críticas. Caída València, foi feito prisioneiro polos franceses ata 1814. Foi presidente do Consello de Estado e capitán xeneral de València durante o trienio constitucional (1821). Así mesmo, publicou diversos estudios de fortificación e táctica...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Almirante inglés. Entre 1652 e 1654 interveu con desigual fortuna na guerra naval contra Holanda. En 1657 destruíu a escuadra castelá procedente de América.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, pintor e gravador. Foi alumno do gravador James Basire e posteriormente realizou estudios na Royal Academy, onde defendeu o papel da paixón e da imaxinación na arte. A súa poesía, baixo unha aparente espontaneidade, esconde unha filosofía complexa e moi persoal, influída polo Platonismo e pola Teoloxía de Emanuel Swedenborg. O seu primeiro libro de poesía, Poetical sketches (Esbozos poéticos, 1783), amosa a influencia de Shakespeare, de Chatterton e dos romances populares. A súa poesía lírica está recollida nos volumes Songs of innocence (Cantos de inocencia, 1789) e Songs of experience (Cantos de experiencia, 1794). A súa tendencia visionaria aumentou notablemente coa serie de Prophetical books (Libros proféticos), culminados con Milton (1804-1808) e Jerusalem (1804-1820). En toda a súa obra manifestou unha conciencia social agudísima, denunciando o racionalismo científico que, segundo el, preparaba a catástrofe da Revolución...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo. Dirixiu a estación experimental da fundación Carnegie en Cold Spring Harbor (Nova York, 1936-1940) e a de Xenética do Smith College en Northampton a partir de 1943. Descubriu a fotoperiodicidade e o efecto da colquicina na obtención experimental de poliploides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Batería de jazz. Uniuse ao grupo de músicos que, encabezados por Charlie Parker, protagonizaron a revolución bop. A finais dos anos corenta fundou os Jazz Messengers, que recollía a herdanza do soul, do gospel e do funk.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director cinematográfico estadounidense. A maior parte da súa obra desenvólvese no campo da comedia: Breakfast at Tiffany’s (Almorzo en Tiffany’s, 1961), The Pink Panter (A panteira rosa, 1963), The Great Race (A gran carreira, 1965), The Party (A festa, 1967), Ten (Dez, 1979), SOB (1981), Victor Victoria (1982), Skin Deep (Profunda pel, 1989), Switch (Látego, 1991), etc. A súa película dramática Days of Wine and Roses (Días de viño e rosas, 1962) foi premiada no Festival Cinematográfico de Donostia de 1963.

    VER O DETALLE DO TERMO