Edwards, Blake

Edwards, Blake

Director cinematográfico estadounidense. A maior parte da súa obra desenvólvese no campo da comedia: Breakfast at Tiffany’s (Almorzo en Tiffany’s, 1961), The Pink Panter (A panteira rosa, 1963), The Great Race (A gran carreira, 1965), The Party (A festa, 1967), Ten (Dez, 1979), SOB (1981), Victor Victoria (1982), Skin Deep (Profunda pel, 1989), Switch (Látego, 1991), etc. A súa película dramática Days of Wine and Roses (Días de viño e rosas, 1962) foi premiada no Festival Cinematográfico de Donostia de 1963.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Tulsa, Oklahoma