"Blancos" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello dos Blancos baixo a advocación de san Breixo. Nela está a capital municipal, que é o lugar dos Blancos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca da Limia situado na provincia de Ourense no S da Comunidade Autónoma ( 41° 59’ 09’’ de latitude N e 7° 45’ de lonxitude O). Limita ao N e L co concello de Xinzo de Limia, ao S co de Baltar, e ao O cos de Calvos de Randín e Porqueira (A Limia). Abrangue unha superficie de 47,6 km 2 e cunha poboación de 1.086 h (2007), distribuídos nas parroquias de Aguís, Os Blancos, Covas, Covelas, Guntín, Nocedo e Pexeiros. A capital está no lugar dos Blancos, na parroquia do mesmo nome. Atópase a 155 km de Santiago de Compostela e a 50 km de Ourense. Está adscrito ao partido xudicial de Xinzo de Limia e a diocese de Ourense.
    Xeografía física
    O concello dos Blancos está baixo o dominio climático oceánico de montaña. Localizado nun espazo de elevada altitude media, os rexistros térmicos están matizados por ese factor, tendo como resultado máis apreciable a prolongación do período frío de novembro ata abril. A temperatura media anual é de 10,6°C....

    VER O DETALLE DO TERMO