"Blanes" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Girona, Catalunya, situado no treito do litoral mediterráneo que recibe a denominación turística de Costa Brava (27.713 h [1996]). A súa economía, tradicionalmente baseada no sector primario, e máis en concreto na agricultura e na pesca, experimentou na segunda metade do s XX unha transformación cara a unha especialización turística, debido á explotación dos seus recursos naturais, principalmente as praias. Dende finais do s XIX adoptou un carácter de residencia estival para as familias burguesas de Barcelona e doutras cidades catalanas. O desenvolvemento deste sector turístico contribuíu a que a súa poboación medrase máis dun 560% dende 1920. O seu porto, que foi un activo centro de comercio con América, reconverteuse cara ás actividades deportivas náuticas. A igrexa de Santa María, mencionada xa no 974 como posesión monacal, pasou no 1058 ao bispado de Girona. No 1319 converteuse en parroquia. O castelo de Blanes pertencía aos vizcondes de Girona, subinfeudado...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor uruguaio. Estudiou en Madrid e París. Inclinouse cara ao Impresionismo e á tradición francesa. En 1910 recibiu a medalla de ouro da exposición do centenario da independencia de Bos Aires. Residiu en París, Mallorca e Montevideo, onde desenvolveu labores docentes. Entre as súas obras destaca La preferida e Cataratas del Iguazú.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor uruguaio. Autor de escenas históricas, alegóricas e anecdóticas. Son interesantes as súas visións gauchescas, realistas e de espírito plein air. Son obras súas o Retrato de Solano López e o Bombardeo de Paysandú.
VER O DETALLE DO TERMO