"Boal" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • Tamén chamado Río Pequeno, é afluente do Tea. Nace no Lugar de Festín (290 m alt) na parroquia de Gargamala (Mondariz). O seu curso, en sentido N-S, lévao á parroquia de Riofrío, onde desemboca no lugar da Chaleira (50 m alt), logo duns 5 km de percorrido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio do Principado de Asturias, no baixo val do Navia, á beira do encoro de Doiras, nos contrafortes orientais da serra de Bobia (2.720 h [1996]). Está adscrito ao partido xudicial de Castropol e integrado polas parroquias de Boal, Castrillón, Doiras, Lebredo, Ronda Serrandinas e Vega de Ouría. A capital é a vila de Boal. As principais actividades económicas son as extractivas: hai minas de tungsteno e manganeso. Tamén é importante a gandería ovina e bovina. Posúe mananciais de augas cloruro-sódicas empregadas para tratamentos balnearios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Autor, actor e director teatral brasileiro formado na Universidade de Columbia en Nova York e no Actor’s Studio. En 1955 volveu a Brasil e asumiu a dirección do Teatro Arena de São Paulo, onde principiou unha longa traxectoria na procura de formas teatrais específicas para denunciar a opresión e a loita pola transformación social e pola mellora das condicións de vida das clases máis desfavorecidas. Este posicionamento foi a causa da súa estadía na cadea e do seu posterior exilio en Arxentina e noutros países europeos, onde desenvolveu unha intensa actividade pedagóxica centrada na análise e exploración dos seus modelos de “teatro invisible”, “teatro documento”, “teatro estatua” ou “teatro foro”. Entre os seus traballos teóricos cómpre sinalar Técnicas latinoamericanas de teatro popular (1975), o prontuario Duzentos e tal Exercícios e Jogos para o actor e o não actor con ganas de dizer algo através do Teatro (1978) e o volume Teatro do oprimido (1975), que segue...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dirixente sindicalista. Traballador de artes gráficas en Barcelona, militou na CNT, dentro da liña de Salvador Seguí. Colaborou en Tierra y Libertad. Foi elixido secretario nacional da CNT no ano 1920. Detido o mesmo ano, foi posto en liberdade na madrugada do 7.6.1921 e asasinado ao saír do cárcere Modelo de Barcelona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da comunidade autónoma de Madrid, situado ao O do encoro de Santillana, no río Manzanares (2.451 h [1996]). A súa situación aos pés da serra do Guadarrama permitiulle desenvolver unha certa actividade turística, aínda que se manteñen as tradicionais actividades agrícolas e gandeiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pirata. Foi contrabandista nas rías galegas e dirixiu o motín do bergantín brasileiro Defensor de Pedro, do que era segundo contramestre, e que rebautizou co nome de Burla Negra. Entre o 19 de febreiro e o 8 de abril de 1828 apreixou 4 barcos ingleses, 1 americano e 1 portugués. Tras dirixirse a Pontevedra e A Coruña para vender o botín, embarrancou na praia gaditana de Santa María. Detido en Xibraltar, foi xulgado por autoridades británicas e aforcado por pirataría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alternador provisto dun turbo que se destina a ser accionado por unha turbina a gran velocidade.

    VER O DETALLE DO TERMO