Boal, Augusto

Boal, Augusto

Autor, actor e director teatral brasileiro formado na Universidade de Columbia en Nova York e no Actor’s Studio. En 1955 volveu a Brasil e asumiu a dirección do Teatro Arena de São Paulo, onde principiou unha longa traxectoria na procura de formas teatrais específicas para denunciar a opresión e a loita pola transformación social e pola mellora das condicións de vida das clases máis desfavorecidas. Este posicionamento foi a causa da súa estadía na cadea e do seu posterior exilio en Arxentina e noutros países europeos, onde desenvolveu unha intensa actividade pedagóxica centrada na análise e exploración dos seus modelos de “teatro invisible”, “teatro documento”, “teatro estatua” ou “teatro foro”. Entre os seus traballos teóricos cómpre sinalar Técnicas latinoamericanas de teatro popular (1975), o prontuario Duzentos e tal Exercícios e Jogos para o actor e o não actor con ganas de dizer algo através do Teatro (1978) e o volume Teatro do oprimido (1975), que segue a pauta da Pedagogia do oprimido (1970) de Paulo Freire.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Rio de Janeiro