"Boeci" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poema occitano da primeira metade do século XI, escrito probablemente por un crego da abadía de San Marcial de Limoges, do que restan só os 258 primeiros versos. É a primeira obra literaria conservada escrita en occitano.
-
PERSOEIRO
Filósofo, teólogo e escritor latino. Da antiga familia dos Anicii, recibiu unha boa formación clásica. Entrou despois ao servizo do poder ostrogodo, e chegou a ser cónsul e magister palatii do Rei Teodorico ata que, acusado de traizón, foi encarcerado en Pavia e executado. Na alta Italia venerouse como mártir dende o s VIII. Pensador ecléctico e bo helenista, traduciu e comentou os escritos lóxicos de Aristóteles, a Isagoge de Porfirio e os Tópicos de Cicerón. Cómpre subliñar en relación estrita cos escritos lóxicos, os retóricos titulados De rhetorica cognitione (Sobre o coñecemento retórico) e Locorum rhetoricorum distinctio (A distinción dos apartados da Retórica), que se insertan xunto con aqueles, na tradición do trivio. Traduciu tamén os Elementos de Euclides, e escribiu tratados de Aritmética, Xeometría, Astronomía e Música; dos que se conservan De institutione arithmetica (Sobre a disposición aritmética) e De institutione...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo. Un dos principais representantes do Averroísmo do s XIII, foi condenado xunto con Siger de Brabant no 1277. A súa principal obra é De summo bono sive de vita philosophi, na que expón que a contemplación do sumo ben e a acción de acordo con el, son a base da felicidade humana.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de arbustos, da familia das ericáceas, de ata 50 cm de altura. Presenta follas perennes e elípticas de 15 mm de lonxitude e bordos revirados que se dispoñen de xeito alterno. As flores son tetrámeras e dispóñense en acios terminais e os pétalos, de cor púrpura, están soldados formando un vaso longo. En Galicia está presente a especie D. cantabrica como elemento formador das matogueiras e sebes ou debaixo dos piñeiros. Recibe a denominación popular de queiroa.