"Bol" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 626.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bernaldo de Bolea e de Portugal .
-
PERSOEIRO
Aristócrata e estadista aragonés. Foi Capitán Xeneral de València (1763-1766) e Presidente do Consello de Castela, cargo dende o que dirixiu a política do reino. Impulsou as reformas ilustradas, o regalismo e a expulsión dos xesuítas; favoreceu a actuación dos golillas, que dirixía o conde de Floridablanca, aos que se enfrontou máis tarde como xefe do partido aragonés. Como embaixador en París (1773) desenvolveu unha política belicista contra Gran Bretaña, que dá os seus froitos na Guerra da Independencia Norteamericana e a consecuente Paz de Versalles (1783). De regreso á Península (1787), forzou a destitución de Floridablanca, a quen substituíu como Primeiro Secretario de Estado (1792). A súa actitude neutral, nun momento en que a oposición a Francia era moi forte, e ilustrada provocou a súa destitución (1792) e encadeamento (1794). Logo da súa liberación (1795), instalouse en Epila, onde desenvolveu unha serie de reformas locais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Abolado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que tivo a súa casa orixinaria en Lugo. Da mesma estirpe pero con diferenza gráfica é Abolada. As súas armas levan, sobre campo de azur, unha superficie abolada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
de abolar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Depresión ou concavidade producida nunha superficie por efecto dun golpe ou porque panda a causa do peso.
-
-
Deformar un obxecto facéndolle pequenas concavidades ou coviñas.
-
Amolecer ou tornar desigual a superficie dun elemento.
-
Facerse un pequeno avultamento nunha superficie a causa dun golpe.
-
Cocer mal unha comida.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode abolir.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Supresión ou extinción dun costume, uso, institución ou práctica xurídica ou social.
-
-
Doutrina que propugna a abolición dunha lei ou semellante.
-
Doutrina que propugnaba a abolición da escravitude. Ao termo do s XVIII, os británicos iniciaron campañas abolicionistas. Polo Tratado de Viena (1815) suprimiuse a escravitude. Os plantadores do Sur dos EE UU enfrontáronse á política abolicionista do Norte na Guerra de Secesión (1861-1865). En España foi defendida polos sectores máis demócratas que fundaron a Sociedad Abolicionista (1845). Durante a Primeira República Española, a escravitude aboliuse en Porto Rico (1873). En Cuba, o proceso será gradual (dende o 1880), a causa dos intereses económicos que estaban involucrados coa escravitude; durante as guerras da independencia a xente de cor loitou a favor dos insurrectos cubanos a raíz da supresión da escravitude contida no programa destes.
-
En Galicia o concepto abolicionismo posúe un significado propio aplicado á loita contra o sistema foral. Representa a variante máis radical propugnada para a superación do réxime foral xa que non recoñece aos perceptores (dominio directo) o dereito a seren indemnizados polos pagadores (dominio útil), unificándose deste xeito ambos os dous dominios. Dentro do agrarismo galego, o abolicionismo vai ser unha opción minoritaria fronte ao redencionismo ata o fin da Primeira Guerra Mundial, cando se constitúe en tese predominante dentro do societarismo non confesional, trala frustración dos sucesivos proxectos de redención forzosa levados ao Parlamento español. O abolicionismo supuña unha lectura de clase do conflito foral e, para os medios máis conservadores, un ataque inadmisible contra o dereito de propiedade. Con todo, o abolicionismo desenvolvía tamén unha versión moderada, que propugnaba que os rendistas fosen indemnizados con cargo ao Estado, non ao...
-
-
-
Relativo ou pertencente ao abolicionismo.
-
Partidario do abolicionismo.
-
-
-
Anular a vixencia de costumes, usos, leis ou institucións.
-
Facer cesar por completo algunha das funcións dun órgano.
-
-
PERSOEIRO
Trobador da escola galego-portuguesa que desenvolveu a súa actividade poética na segunda metade do século XIII. Xa ninguén acepta a súa identificación co tamén trobador Afonso Fernandez Cubel, pois investigacións máis recentes ven nel a un nobre sevillano pertencente á familia dos Cebollilla; máis concretamente sería fillo de Hernán Cebollilla. Acompañou a Afonso Perez de Guzmán no último cuarto do s XIII no seu exilio africano. Frecuentou as Cortes de Afonso X e a do seu fillo Sancho IV, onde contactou con trobadores como Gonçal’ Eanes do Vinhal, Airas Nunez, Pai Gomez Charinho, entre outros. O da Biblioteca Nacional e o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana transmitiron baixo o seu nome dúas cantigas de amor, “Senhor fremosa, des quando vus vy” (na que se emprega o esquema métrico-rimático abbaacca, un dos máis practicados polos trobadores galego-portugueses) e “Muy gram sabor avedes, mha senhor”. Ademais, o Cancioneiro da Biblioteca Nacional atribúelle...
VER O DETALLE DO TERMO -
ESPA¥A
Concello da provincia de Granada (Andalucía) na Vega de Granada (10.184 h [1991]). Drenado polo río Cubillas, a súa economía baséase nos cultivos mediterráneos (cereal, oliveira e vide) e nas canteiras areentas e os xacementos de xeso.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que non sofre metamorfose.
-
Aqueles insectos que se asemellan ao adulto da súa especie dende o nacemento e que non presentan metamorfose. Teñen desenvolvemento directo, e o crecemento dos novos ten lugar a través dunha serie de mudas. Son ametábolos os insectos apterigotos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de moluscos da subclase dos pulmonados, mariños, que viven na desembocadura dos ríos ou nas baías profundas, semienterrados na area. Son propios de Nova Celandia.
-
PERSOEIRO
Raíña de Inglaterra, segunda muller de Enrique VIII. Filla de Thomas Boleyn e dama de honor da primeira muller de Enrique VIII, Catalina de Aragón. O seu matrimonio influíu na ruptura de Enrique VIII coa Igrexa de Roma. Nai da futura Raíña de Inglaterra Isabel I, morreu executada ao ser acusada de adulterio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
A partir de Homero, enténdese por anábole o preludio instrumental que introduce un canto. Máis tarde ampliouse o significado para designar calquera coral lírica non estrófica que avanza sen repeticións rítmicas ou métricas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao anabolismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de procesos de asimilación dos nutrientes (substancias simples) e a súa transformación en materia vivente (substancias complexas). É, por tanto, un fenómeno construtivo que inclúe procesos de síntese e require enerxía. Forma parte do metabolismo.