"Bombai" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capital do estado de Mahārā ṣ th ṭ ra, no litoral occidental da India (9.925.891 h [1991]). A cidade é o resultado da conurbación de diferentes núcleos urbanos edificados sobre pequenas illas unidas por pontes e recheos que as converteron na illa de Bombai, cunha superficie de 58 km2. Actualmente a Gran Bombai se estende tamén á illa veciña de Salsette, ao N, unida á cidade por unha serie de istmos artificiais, abranguendo unha extensión total de 452,4 km2. Situada en latitudes tropicais (19°N), atópase nunha área baixo unhas condicións climáticas calorosas e húmidas, rexistrando unha temperatura media anual de 27,1°C (a media de xaneiro é de 23,8°C e a de xullo de 27,2°C) e unha precipitación media de 1.805 mm anuais, distribuída unicamente na estación monzónica de xuño a setembro (só hai 72 días de chuvia ao ano). A súa localización insular permite a Bombai constituírse como un excelente porto, o primeiro en tránsito da India....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo estado da India, creado en 1947, que correspondía ao territorio da presidencia de Bombai. En 1960 foi dividido nos actuais estados de Gujarat e Mahārā ṣ th ṭ ra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
División administrativa da India británica. Tivo o seu inicio no establecemento da Compañía das Indias Orientais na illa de Bombai (1672), e chegou a abranguer un vasto territorio que se estendía desde o Sindh e o Gujarat, ao N, ata preto de Mysore e Madras, ao S, e mesmo a cidade árabe de Aden. A circunscrición converteuse en 1947 no estado de Bombai.