Bombai, presidencia de

Bombai, presidencia de
[HIST/ADM]

División administrativa da India británica. Tivo o seu inicio no establecemento da Compañía das Indias Orientais na illa de Bombai (1672), e chegou a abranguer un vasto territorio que se estendía desde o Sindh e o Gujarat, ao N, ata preto de Mysore e Madras, ao S, e mesmo a cidade árabe de Aden. A circunscrición converteuse en 1947 no estado de Bombai.

Palabras veciñas

bombacina | Bombai | Bombai | Bombai, presidencia de | Bombal, María Luisa | bombarda | bombardeado -da