bombarda

bombarda

(

  1. s f [BÉL]

    Arma de fogo, de ferro ou de bronce, de pouca lonxitude e xeralmente de gran calibre que se utilizou durante a segunda metade do s XIV e todo o s XV. Constaba de dúas partes, a posterior (o macho), que constituía a recámara e que se encaixaba á anterior (a trompa), onde se aloxaba o proxectil de pedra.

    Ex: A bombarda é o antecedente do canón.

  2. s f [BÉL]

    Barco de guerra de desprazamento moi variable, armado cun ou dous morteiros de gran calibre. A súa finalidade táctica era o bombardeo de obxectivos situados detrás das murallas de cidades marítimas ou de portos onde había importantes concentracións de barcos inimigos.

  3. s f

    Embarcación mediterránea de vela, de dous paos dunha soa peza, ademais do bauprés.

  4. s f [MÚS]

    Instrumento de vento, feito en madeira, de lingüeta dobre e tubo sempre recto, cunha perforación cónica, antecesor do óboe e do fagot. Utilizouse moito en Europa desde o s XVI ao XVII. Tiña dimensións diversas e constituía unha familia de sete instrumentos.

    Ex: As bombardas son instrumentos tradicionais de Bretaña.

  5. s f [MÚS]

    Rexistro de lingüeta do órgano, de 16 (ou 32) pés e tubos de perforación cónica.