Mostrando 3 resultados de 3.
Tipo de pedra dura e de cor negra empregada na construción da moa do muíño fariñeiro.
Moa do muíño fariñeiro construída cun tipo de pedra que recibe o mesmo nome.
PUNTA
Punta da beira setentrional da ría de Muros e Noia, no litoral da parroquia de Esteiro (concello de Muros), situada ao O da praia de Fontenla
Liñaxe orixinaria de Negreira. As súas armas levan, en campo de azul, unha borneira. Relaciónanse tamén con esta caste os apelidos Borneiro e Bornaz.