"Boston" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
-
ariante do vals, de ritmo lento, tamén denominado vals boston. É orixinario dos EE UU (1870), pero comezou a popularizarse a partir de 1920. Bailábase coas mans nas cadeiras da parella.
-
Xogo de cartas de orixe norteamericana inventado a finais do s XVIII, durante o cerco a Boston. Xógase entre catro xogadores e con dúas barallas de cincuenta e dous naipes, a primeira delas repártese integramente e a segunda serve para establecer os trunfos.
-
-
CAPITAIS
Capital do estado de Massachusetts, EE UU, á beira da desembocadura dos ríos Charles e Mystic no Océano Atlántico pola baía de Massachusetts (558.394 h [1996]). Ao seu redor medrou unha área metropolitana conurbada, Boston-Salem, que multiplica por dez a súa poboación (5.563.475 h [1996]). O núcleo fundacional da cidade estaba situado nunha península da baía de Massachusetts. O crecemento demográfico levouna a espallarse por outras penínsulas, comunicadas por pontes: formáronse así ao O os barrios residenciais do West End e Back Bay, ao tempo que se incorporaban ao núcleo urbano diversos municipios limítrofes: Charleston ao N, South Boston ao S, East Boston ao NL e Brighton, Dorchester, Hyde Park, Roxbury e West Roxbury ao N, onde tamén se edificaron novas cidades satélite (Chelsea, Revere, Everett e Malden) co obxectivo de afastar do centro os sectores industriais. Por este motivo as instalacións portuarias desprazáronse onda elas. A área metropolitana inclúe ademais diversas cidades e...
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do Condado de Lincolnshire, no L de Inglaterra, Reino Unido (26.425 h [1981]). Situada á beira do río Witham, preto da súa desembocadura na baía de The Wash, é un centro administrativo e comercial dunha próspera comarca agrícola. Os romanos estableceron no lugar un castrum (campamento). No s XIII era o porto máis importante de Inglaterra, despois do de Londres; sen embargo, os aluvións depositados polo río fórono cegando ata impedir a navegación. No s XIX dragouse a canle e construíronse peiraos, obras que permiten o tránsito de buques de ata 400 toneladas de rexistro bruto.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Boston.
-
Natural ou habitante de Boston.
-