"Bougainville" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • ILLAS

    Illa do arquipélago das Salomón Setentrionais que constitúe unha provincia de Papúa Nova Guinea (9.300 km2; 155.600 h [estim 1989]). De orixe volcánica está atravesada de N a S por unha aliñación montañosa que ten o seu cumio no Mount Balbi (3.123 m). Unha chaira litoral esténdese ao SO entre Torokina e Buin. Basea a súa economía na agricultura e no mineral do cobre. Recibiu o nome do explorador francés Louis Antoine de Bougainville, que a descubriu no ano 1768. No ano 1899 pasou a control alemán despois do tratado anglo-alemán, e en 1920 pasou a depender da administración de Australia. Durante a Segunda Guerra Mundial foi ocupada polos xaponeses. Ao remate do conflito volveu co resto da antiga Nova Guinea alemá á administración fiduciaria de Australia, que lle concedeu o autogoberno en 1973. Ao acceder a independencia Papúa Nova Guinea en 1975, Bougainville ficou incluída no novo estado. No ano 1989 principiou as súas actividades bélicas un movemento guerrilleiro independentista....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde de Bougainville. Navegante. Por encomenda real participou na expedición da volta ao mundo (1766-1769) a bordo da fragata La Boudeuse. Explorou Tahiti, o arquipélago de Samoa e descubriu as illas Salomón (a máis grande leva o seu nome), chegando tamén ás Molucas. Relatou a súa expedición no libro Voyage autour du monde (Viaxe arredor do mundo, 1771). Durante a guerra de independencia das Trece Colonias da Nova Inglaterra (embrión dos EE UU), comandou un escuadrón do exército francés aliado dos rebeldes. En 1796 foi designado membro do Institute de France.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de arbustos gabeadores da familia das nictaxináceas coñecidos comunmente como buganvíleas.

    VER O DETALLE DO TERMO