"Bozen" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • [it: Bolzano] Capital da provincia homónima, no Tirol meridional (Südtirol ou Trentino-Alto Adige), Italia, situada na confluencia dos ríos Eisack e Talfer (97.043 h [1998]). Trátase dunha importante encrucillada de comunicacións cara a Suíza e ao Tirol austríaco. É un centro turístico, que ten como principal atractivo as paisaxes alpinas que lle permiten dispor dunha oferta de ocio baseada nas actividades deportivas na natureza. Tamén é un núcleo comercial e industrial, favorecido pola abundancia de enerxía hidroeléctrica; destaca, sobre todo, o sector siderúrxico. Nos ss VII e VIII a antiga Bauzanum pertencía aos duques de Baviera, e no s X pasou aos bispos de Trento e aos condes do Tirol. De 1531 a 1890 estivo baixo o dominio dos Habsburgo, ata que formou parte do reino napoleónico de Italia. En 1814 pasou a Austria e en 1919 foi anexionada a Italia polo Tratado de Saint-Germain-en-Laye. O réxime fascista (1922-1945) creou un centro industrial para atraer os obreiros italianos e así...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da rexión de Trentino-Alto Adige (ou Südtirol), Italia (7.400 km2; 459.358 h [1998]). A súa capital é Bozen. A súa superficie coincide cos límites históricos do Tirol do Sur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Foi unha das figuras máis importantes da literatura checa moderna e defendeu as súas ideas feministas e nacionalistas. Escribiu obras líricas e contos rexionais baixo a influencia de V. B. Nebeský, dos que destacan Barušca (1853), Sestry (As irmás, 1854), Rozárka (1855) e Bavička (A avoa, 1855), a obra que a consagrou definitivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO