"Bragança" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • PERSOEIRO

    Infanta portuguesa e Raíña de España. Filla de Xoán V de Portugal e de María Ana. Casou en 1729 co futuro Rei Fernando Vl. Ilustrada e amante da música, foi protectora do tenor Farinelli. Fundou en 1757 a institución relixiosa das Descalzas Reales de Madrid, onde está enterrada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do distrito homónimo, na rexión de, Portugal, na beira do río Sabor, a 12 km da fronteira española coa comarca da Sanabria, o seu concello está integrado por 49 freguesías, 47 rurais e 2 no núcleo urbano da capital (16.600 h [1991]).
    Xeografía
    Situada ao pé das estribacións setentrionais da Serra de Nogueira, sobre un contexto litolóxico dominada polos xistos, nun dos distritos menos desenvolvidos de Portugal, do que é o principal núcleo urbano dunha rexión eminentemente agraria e as súas principais funcións económicas son as comerciais e administrativas.
    Historia
    Bragança foi a cidade prerromana de Brigantia, que se converteu en época romana en Juliobriga. Coas invasións bárbaras e musulmanas a primitiva vila desapareceu e non foi restaurada ata o 1130. En 1187 Sancho I concedeulle foro. En 1467 o Rei Afonso V concedeulle o título de cidade a petición do segundo duque de Bragança, Fernando I (1403-1478). A importancia histórica...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito do estremo NL de Portugal, na rexión de Trás-os-Montes (6.597 km2; 154.700 h [estim 1993]). A súa capital é Bragança. O río Douro marca os límites oriental (coas provincias españolas de Zamora e Salamanca, na comunidade de Castela e León) e meridional (cos distritos de Guarda e Viseu). A altitude media é elevada. Os principais accidentes do relevo son a serra do Mogadouro, no SL, e a serra de Nogueira, que atravesa o distrito pola metade en sentido N-S e constitúe a divisoria de augas entre os seus principais sistemas fluviais. Os ríos Sabor e Tuela, ambos os dous tributarios do Douro e cun curso de dirección NL-SO, artellan senllas concas fluviais que drenan todo o territorio. Constituído por 12 concellos e 298 freguesías, o distrito baséase na organización territorial eclesiástica: a diocese creouse en 1770, segregada da de Miranda, que fora creada en 1545; en 1780 reuníronse de novo nunha soa, aínda que desta volta a sé episcopal estableceuse en Bragança,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia nobre portuguesa que deu o seu nome á cuarta dinastía real (1640-1853) e á imperial brasileira (1822-1889). O seu fundador foi Afonso, conde de Barcelos (1377 - 1460), fillo natural do Rei Xoán I, que recibiu o título de Duque de Bragança en 1442. En 1640, o oitavo Duque de Bragança, João II (1604 - 1656) acadou o trono co nome de Xoán IV. Dende entón o Ducado de Bragança foi o título dos herdeiros da coroa portuguesa. Foron reis de Portugal: Afonso VI (1656 - 1683), Pedro II (1648 - 1706), Xoán V (1689 - 1750), Xosé I (1714 - 1777), María I (1734 - 1816) e Pedro III (1717 - 1786) Rei consorte dende 1777 a 1786, Pedro IV (1798 - 1834), María II (1828 - 1853), Pedro V (1837 - 1861), Xoán VI (1767 - 1826), Luís I (1838 - 1889) e Manuel II (1889 - 1932). Durante a ocupación napoleónica, Xoán VI tivo que trasladar a corte a Brasil dende 1807 ata 1821. En 1826, trala súa morte, a familia dividiuse en dúas ramas encabezadas polos seus fillos Pedro IV e o infante Miguel. Pedro IV deixoulle...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Inglaterra (1662-1685) e rexente de Portugal (1704-1705), filla de Xoán IV. Casou en 1662 con Carlos II de Inglaterra. Trala morte do rei trasladouse a Somerset e en 1696 regresou a Portugal, onde foi rexente durante a enfermidade do seu irmán Pedro III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • María I de Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • María II de Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO