"Bram" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 36.

  • NUCLEOS

    Núcleo de poboación próximo a Zagorsk, na oblast de Moscova, a 57 km da capital. Alí conviviron comunitariamente escritores como Turguenev e Gogol xunto con artistas e estudiosos da arte medieval rusa, quen construíron unha igrexa (1880-1882) que reproducía a de Novgorod.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que tamén se coñece a ictericia hemolítica de carácter adquirido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método para determinar a plasticidade do formigón medindo a deformación baixo a influencia do seu propio peso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico soviético. En 1934 descubriu, co seu irmán Artemij Isaakovič Alikhanian (1908 - 1978), a emisión de parellas electrón-positróns polos núcleos radioactivos. Estudiou tamén os raios cósmicos. En 1949 dirixiu a construción do primeiro reactor nuclear soviético e en 1961 a dun acelerador de protóns. Tivo un papel destacado na creación da bomba nuclear soviética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor ruso. Participou dende 1890 ao 1900 no grupo dos Ambulantes. A súa obra é de feitura expresionista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • č (Vjažla, Tambov 1800 - Nápoles 1844). Poeta ruso. Influído polos románticos alemáns, tratou temas filosóficos cun profundo pesimismo. Cómpre subliñar os seus poemas narrativos Eda (1824), Bal (‘O baile’, 1828) e Tsyganka (‘A xitana’, 1831).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [sánscr: brāhman]

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Languedoc, Occitania, no departamento de Aude, Francia (2.899 h [1990]). En 1939 instalouse nesta cidade un campo de concentración para os refuxiados republicanos da Guerra Civil española, organizado en nove grupos de casetas, onde foron internados entre trinta a corenta mil homes, civís e militares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Época de celo dos cervos e doutros animais salvaxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes da familia dos brámidos ao que pertence a castañeta común.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento constituído por un anaco de táboa que cando se fai xirar con forza no aire, atado ao extremo dunha corda, produce un zunido semellante a un bramido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Técnico inglés. Autor de numerosos inventos e melloras como as bombas hidráulicas, os extintores contra incendios, unha máquina para distribuír cervexa, o propio váter, etc. Propuxo o uso da hélice para a propulsión dos barcos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e pintor italiano. Está considerado como o iniciador do Renacemento romano. Aprendeu no obradoiro de frei Bartolommeo de Urbino, quen o iniciou na pintura. A súa primeira obra foi a decoración da igrexa de Santa Maria della Bella. En Urbino, iniciouse tamén na arquitectura, sendo seus o pazo de Torriglione e as igrexas de San Bernardino e da Nosa Señora del Piratello, en Imola. Trasladouse a Milán en 1472, onde coñeceu a Leonardo da Vinci, quen influíu nas súas ideas arquitectónicas. En Milán realizou a igrexa de Santa Maria presso San Satiro, na que reflecte un novo xogo de perspectivas, e Santa Maria delle Grazie; outras obras súas en Milán son a Casa dos Cóengos ou a tumba de Ludovico il Moro, ademais de participar na elaboración dos planos da catedral de Pavia xunto con Francesco di Giorgio e de Amadei. Da súa pintura lombarda quedan poucos testemuños: Homes de armas e filósofos e Cristo na columna. En 1499 chegou a Roma, onde se adicou intensamente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bartolomeo Suardi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero fósil, da familia dos homínidos, procedente do Mioceno superior e medio (15-7 Ma) da India e Paquistán, creado por Lewis a partir de varios fragmentos de mandíbulas inferiores no ano 1934. En 1964 Simons logrou identificar nun mesmo rostro os maxilares superiores de Ramapithecus coas mandíbulas inferiores de Bramapithecus, polo que os integrou baixo un mesmo taxon. Na actualidade considérase que o Ramapithecus é a forma feminina de Sivapithecus, pondo ao descuberto un novo caso de supersegregación taxonómica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Emitir o seu son característico gran número de ruminantes, como o touro e a vaca, e algúns animais salvaxes.

    2. Proferir unha persoa fortes berros a consecuencia dun estado de cólera ou de dor.

    3. Producir o mar ou o vento un son semellante ao bramido dos animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de bramar.

    2. Ruxido emitido por ruminantes como os touros e outros animais salvaxes.

    3. Berro ou voz forte da persoa que está colérica e furiosa.

    4. Ruído forte producido polo aire, polo mar, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peixe da familia dos brámidos.

    2. Familia de peixes mariños da suborde dos percoides, próximos os corifénidos, de corpo bastante alto e comprimido, algunhas veces ovalado, mandíbula moi prominente e aletas dorsal e anal longas. Os adultos presentan a aleta caudal profundamente escotada. Distínguense os xéneros Brama, Pterycombus, Taractes e Taractichthys.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Ontario, Canadá, situada ao oeste de Toronto (268.251 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO