Abramcevo

Abramcevo

Núcleo de poboación próximo a Zagorsk, na oblast de Moscova, a 57 km da capital. Alí conviviron comunitariamente escritores como Turguenev e Gogol xunto con artistas e estudiosos da arte medieval rusa, quen construíron unha igrexa (1880-1882) que reproducía a de Novgorod.