Cidade do land da Baixa Saxonia, Alemaña, á beira do río Oker (248.944 h [1998]). Situada na rexión de Börde, fértil distrito agrícola, a cidade, de planta irregular, está dividida en cinco partes. É un núcleo de industria mecánica, con fábricas de automóbiles (Mercedes), de compoñentes ferroviarios e óptica. É sede dun centro de ensino superior, a Technische Universität Carolo Wilhelmina, creada en 1745. Fundada arredor do ano 860 por Bruno (Brunonis vicus), fillo de Ludolfo, duque de Saxonia, non recibiu a carta de cidade ata o s XII. Converteuse moi cedo nunha das primeiras cidades que entraron a formar parte da Liga Hanseática (1247), e no s XV tivo o seu apoxeo. Despois perdeu importancia, sobre todo a partir da Guerra dos Trinta Anos. Cidade de aspecto medieval, a Segunda Guerra Mundial destruíu parte dos seus monumentos, entre eles a catedral románica (1173-1194). Salientan as igrexas de San Martiño e Santa Caterina, as dúas comezadas en estilo románico no s XII...
Antigo estado da Alemaña setentrional que se estendía entre o río Aller e o Leine, e desde os contrafortes do macizo do Harz ata o río Fuhse; comprendía, ademais, un territorio illado no val do alto Weser, á beira de Holzminden. A capital era Braunschweig. Formou parte dos dominios güelfos en Saxonia. En 1180, cando Federico Barbarrubia desmembrou o ducado de Saxonia, Enrique o León, iniciador da casa de Brunswick, conservou Braunschweig e Lüneburg. O seu neto, Otón I (1204-1252), dividiu o Imperio entre os seus fillos: a Xoán correspondeulle Lüneburg e a Alberte Braunschweig. A inicios do s XVIII, as dúas pólas máis importantes foron as de Lüneburg-Celle, chamada Hannover, e a de Brunswick-Wolfenbüttel. Incluído en 1807 dentro do Reino de Westfalia e incorporado en 1814 á Confederación Xermánica, no ano 1866 pasou a formar parte da Confederación de Alemaña do Norte e, en 1871, do Imperio Alemán. Cando rematou a Primeira Guerra Mundial converteuse nun land da República...