"Breda" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 7.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cova de Girona na que se localizou un estrato de ocupación Chatelperronense, considerado como continuación do Musterense, ao que cobre. Superponse ao primeiro un Auriñacense arcaico, o de datación máis antiga das de Europa Occidental xunto co da cova de El Castillo. O xacemento arqueolóxico contén unha secuencia cronolóxica que, ademais dos anteriores niveis, conserva ocupacións do Auriñacense antigo, Solutrense superior, Perigordense superior e Epipaleolítico.
-
CIDADES
Cidade da provincia do Brabante Setentrional, Países Baixos, na confluencia do río Mark e do Aa, ao SL de Rotterdam (156.364 h [1997]). A súa economía está baseada na industria metalúrxica, industria alimentaria, tecidos, plásticos, industria do coiro e calzado. Foi un feudo da casa de Brabante dende o s XII ata 1404, que pasou á casa de Nassau. Conquistada polos españois no 1581, foi reconquistada pouco tempo despois, en 1590 polos holandeses que se mantiveron ata o 1625, ano no que as forzas españolas comandadas por Ambrosio Spinola obtiveron a rendición da cidade, acontecemento recollido por Velázquez no seu lenzo La rendición de Breda. No 1637 Federico Enrique de Orange conquistou a cidade, e o Tratado de Westfalia de 1648 ratificoulle a posesión. Os franceses apoderáronse dúas veces desta vila, no 1793 e 1795, e no ano 1813 volveu definitivamente a Holanda.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Girona, Catalunya, situado na comarca da Selva (3.243 h [1996]). As terras de cultivo ocupan case toda a superficie; predomina a agricultura de secaño sobre a de regadío. A actividade gandeira tamén é destacable, estando moi desenvolvida e tecnificada; así, por exemplo, as reses permanecen estabuladas en granxas. Os principais armentíos son o porcino e o constituído polas aves de curral. Ten unha gran tradición industrial, especialmente oleira; na fin do s XVIII había alí 144 mestres oleiros e unha gran parte da produción comercializábase en América. Outra das súas funcións é a turística, pois é un importante núcleo residencial estival. A vila está formada ao redor do antigo mosteiro beneditino de Sant Salvador de Breda: a súa igrexa, convertida en templo parroquial, foi restaurada despois da Guerra Civil española.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pacto establecido entre os protestantes e os católicos dos Países Baixos, co fin de opoñerse á aplicación, ordenada por Filipe II no 1564, dos editos tridentinos nos Países Baixos. Unha representación de 300 cabaleiros, reunidos en Breda o 2 de abril de 1566, presentáronlle un texto a Margarida de Parma, rexente de Filipe II, no que reclamaban a tolerancia relixiosa e a abolición da Inquisición.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado firmado o 31 de xullo de 1667 por Inglaterra, Holanda, Dinamarca e Francia. Por este tratado Inglaterra cedeu a Holanda o establecemento de Suriname a cambio de New Amsterdam e Delaware, pero mantiña a Navigation Act. Francia recuperou Acadia e restituíu as illas Antiga, Montserrat e Saint Kitts aos ingleses.
-
MONTES
Monte situado no SL da parroquia da Portela do Trigal (Carballeda de Valdeorras). O seu cumio acada os 1.095 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -