"Bruxelas" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
CAPITAIS
Capital da provincia de Brabante e do estado de Bélxica, sede das institucións executivas da Unión Europea (133.800 h [1997]). Situada á beira do río Seine e do canal de Anveres-Charleroi, é un centro comercial, administrativo, cultural e de comunicacións de primeira orde en Europa. A cidade, que constitúe un núcleo bilingüe dentro da área de fala flamenga, é o crucamento das culturas flamenga e valona e, a escala europea, dos mundos latino e xermánico. É sede do goberno, da Bolsa e de numerosas organizacións e organismos internacionais: OTAN, consello de ministros e comisión da Unión Europea, etc. Tamén é centro de ensino superior: Universidade Libre de Bruxelas, fundada no ano 1834, entre outras. Pouco tempo antes da independencia, Bruxelas era unha cidade demograficamente flamenga, pero xa culturalmente francofalante. Foi unha colonia romana fundada antes do s VII pero adquiriu verdadeira importancia no s XI, cando os condes de Louvain estableceron alí a súa residencia. Pola súa localización...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aglomeración urbana do interior da provincia de Brabante, que pola súa condición de capital de Bélxica constitúe unha entidade administrativa independente (162 km2; 953.157 h [estim 1998]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Convocada por Leopoldo II en 1889, rematou o 2 de xullo de 1890 coa sinatura dunha acta pola que os asinantes se comprometían a reprimir de xeito efectivo a trata de negros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo de alianza defensiva e de coordinación económica asinado en Bruxelas, o 12 de marzo de 1948, por Francia, Países Baixos, Bélxica, Luxemburgo e o Reino Unido, cunha validez de 50 anos. En 1955, coa adhesión de Italia e Alemaña Federal, o pacto serviu de base á articulación da Unión Europea Occidental.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que se coñece o arquitecto Hannequin Egas, membro da familia de orixe flamenga Egas, activa na Coroa de Castela nos ss XV e XVI.