"Bueu" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • Organización sindical mariñeira. Iniciou a súa actividade no ano 1917 e cesouna ao comezar a Guerra Civil. Os seus obxectivos eran asociar a todos os traballadores do mar de Bueu que estivesen matriculados; mellorar a condición do sector e defender e representar aos traballadores do mar diante dos patróns e autoridades gobernativas. Malia que a súa vinculación inicial foi co socialismo da UXT, debido á estratexia de espallamento que a CNT e a súa Federación Regional de Industria Pesquera encetaron dende o ano 1931 por todo o litoral galego, a organización remataría comprometéndose co ideario anarquista, que non abandonaría ata a súa disolución. Entre 1932 e 1936, debido as continuas flutuacións do prezo da sardiña, que repercutían directamente nas endebles economías mariñeiras, promoveu unha serie de mobilizacións da clase mariñeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización de mariñeiros fundada en 1900 en Bueu. Nas súas directivas participaron destacados membros do republicanismo local. O seu regulamento, con data do 19 de xaneiro de 1900, estipulaba a organización de toda a clase traballadora do mar nunha asociación que defendese os seus intereses, tanto entre os seus asociados como na representación do sector diante das autoridades gobernativas. En 1904, esta asociación mariñeira interveu no conflito que enfrontou a mariñeiros, que reclamaban un aumento dos quiñóns que cobraban por ir á parte, e armadores locais. A organización de Bueu, apareceu nos primeiros momentos de estruturación mariñeira en sociedades de resistencia (1895-1910), nun momento de total indefensión do sector ante as autoridades gobernativas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Martiño que dá nome ao concello de Bueu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca do Morrazo situado na provincia de Pontevedra no SO da Comunidade Autónoma. Limita ao N co Océano Atlántico (ría de Pontevedra), ao S co concello de Cangas (O Morrazo), ao L cos de Marín (comarca de Pontevedra) e Moaña, e ao O co Océano Atlántico. Situado na península do Morrazo, que separa as rías de Vigo e Pontevedra, ocupa 30,8 km 2 cunha poboación de 12.440 h (2007), distribuídos nas parroquias de Beluso, Bueu (San Martiño e Santa María), Cela, Ermelo e A Illa de Ons. A capital municipal está situada na vila de Bueu (San Martiño de Bueu) a 42° 19’ de latitude N e 8° 47’ de lonxitude O, a 76 km de Santiago de Compostela e a 17 km de Pontevedra. Está adscrito ao partido xudicial de Marín e á arquidiocese de Santiago de Compostela.
    Xeografía física
    O concello de Bueu atópase baixo o dominio climático oceánico-húmido con tendencia á aridez estival. As temperaturas son suaves, influenciadas polo efecto temperán do Océano, que propicia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Praia resgardada polo espigón leste do Porto de Bueu.

    CARACTERÍSTICAS XERAIS LONXITUDE PRAIA: 200 metros ANCHURA MEDIA: 3 metros GRAO OCUPACIÓN: Baixo GRAO URBANIZACIÓN: Urbana PASEO MARÍTIMO: No
    TIPO DE PRAIA COMPOSICIÓN: Area TIPO AREA: Dourada CONDICIÓNS BAÑO: Augas tranquilas ZONA DE FONDEO: Si NUDISTA: No
    ASPECTOS MEDIOAMBIENTAIS PRESENZA VEXETACIÓN: No ZONA PROTEXIDA: No BANDEIRA AZUL: No
    SEGURIDADE EQUIPO DE VIXILANCIA: No SINALIZACIÓN DE PERIGO: No POLICÍA LOCAL: No POSTO CRUZ VERMELLA: No EQUIPO SALVAMENTO: No
    HOSPITAL MÁIS PRETO NOME: Hospital de Montecelo DIRECCIÓN: Praza de Montecelo, s/n. Pontevedra TELÉFONO: 986 80 00 00 DISTANCIA APROXIMADA A PRAIA: 19,5 Km
    ACCESOS...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENSEADAS

    Situada na beira meridional da ría de Pontevedra, no litoral setentrional da península do Morrazo. Esténdese entre a punta Arbosa, ao O, e a Cabezón da Ría, ao L, polas parroquias de Beluso, Bueu e Cela, todas do concello de Bueu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Porto da vila de Bueu, na parroquia e concello homónimos, situado no fondo da enseada de Bueu, na beira meridional da ría de Pontevedra e setentrional da península do Morrazo. É un dos portos de baixura máis importantes de Galicia, e posúe lonxa propia. Xunto cos de Cangas e Moaña, tamén no Morrazo, é un dos primeiros portos na descarga de mexillón. Nas súas instalacións opera ademais unha compañía de transporte de pasaxeiros dedicada ao tránsito local na ría. Ofrece tamén servicios ás embarcacións de recreo e deportivas.

    VER O DETALLE DO TERMO