"Bugueiro" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • PERSOEIRO

    Xornalista e locutor de radio. Comezou a súa carreira no xornal El Correo Gallego de Santiago de Compostela, onde alcanzou a responsabilidade de redactor-xefe. Foi director en funcións de La Noche ata que no 1972 se fixo cargo da dirección da emisora da SER Radio Galicia de Santiago de Compostela. No ano 1976 foi director de Radio Sevilla e director rexional da SER en Andalucía. En 1988 volveu a Compostela para responsabilizarse da dirección do circuíto de emisoras da SER en Galicia e para dirixir Radio Galicia de Santiago. Entre 1985 e 1988 foi presidente da Asociación de Prensa de Sevilla e directivo da Federación de Asociaciones de la Prensa de España. Ten no seu haber varios premios literarios e xornalísticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural de Barallobre ou de Betanzos que leva como armas: en campo de prata, dúas árbores da súa cor, postas en faixa, e saíndo de cada copa, medio corpo dun guerreiro ao natural, empuñando unha espada denuda na súa man destra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sindicalista. Militante da Agrupación Socialista de La Habana na primeira década do s XX, foi expulsado de Cuba en 1911. En 1916 constituíu na Coruña a Unión Tabacalera, primeiro sindicato de clase das cigarreiras da Fábrica de Tabacos. Foi candidato nas eleccións á alcaldía de 1917 pola Agrupación Socialista da Coruña. No 1918 a Unión Tabacalera federouse na UGT baixo a súa influencia. Deixou o PSOE no 1921 e presidiu desde A Coruña a Federación Tabaquera Española, de carácter autónomo, e na que se integrou o persoal das fábricas de tabacos do Estado. Na Guerra Civil incorporouse á UGT e formou parte da Executiva Federal no exilio francés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arbusto ou pequena árbore, de 2 a 5 m de altura, con copa arredondada e densa, follas opostas, compostas e imparipinnadas con 5 ou 7 folíolos ovais acuminados e dentados, flores brancas, odoríferas, agrupadas en corimbos grandes, e froito en baga negro. Florece entre abril a xuño e os froitos maduran entre agosto e setembro dependendo da súa altitude. Atópase especialmente na metade N da Península Ibérica, nos pisos inferior e montano. En Galicia é moi común en solos frescos, con certa humidade e alto nivel freático coma nas beiras dos cursos de auga. As flores empréganse en medicina polas súas propiedades diaforéticas e resolutivas. OBS: Tamén se denomina bieiteiro, bieito, sabugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Fundador da Obra Pía de San Antonio de Melide, foi xuíz ordinario da Santa Inquisición, cóengo maxistral de Astorga, bispo de Zamora, Cádiz, León e Cartagena e arcebispo de México.

    VER O DETALLE DO TERMO