sabugueiro
sabugueiro
(< sabugo)
s
m
[PLANTA]
Arbusto ou pequena árbore, de 2 a 5 m de altura, con copa arredondada e densa, follas opostas, compostas e imparipinnadas con 5 ou 7 folíolos ovais acuminados e dentados, flores brancas, odoríferas, agrupadas en corimbos grandes, e froito en baga negro. Florece entre abril a xuño e os froitos maduran entre agosto e setembro dependendo da súa altitude. Atópase especialmente na metade N da Península Ibérica, nos pisos inferior e montano. En Galicia é moi común en solos frescos, con certa humidade e alto nivel freático coma nas beiras dos cursos de auga. As flores empréganse en medicina polas súas propiedades diaforéticas e resolutivas. OBS: Tamén se denomina bieiteiro, bieito, sabugo.