sabugueiriño
sabugueiriño
(< dim de sabugueiro)
s
m
[PLANTA]
Planta herbácea, perenne, de ata 200 cm de altura, con rizoma, follas opostas, divididas en folíolos lanceolados coa marxe dentada, flores pequenas brancas ou rosadas agrupadas en inflorescencias densas e de cheiro moi desagradable e froito en baga negro non comestible. Florece entre maio e xullo. Vive en terreos húmidos, en regatos e marxes de cursos de auga, soutos e lugares sombríos. É orixinaria de Europa e o N de África e emprégase coma planta medicinal. OBS: Tamén se denomina nabeao.