"Burguete" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pequena poboación da Comunidad Foral de Navarra, situada nas estribacións dos Pireneos. A agricultura e gandería son as súas principais actividades (gando vacún e lanar). Atópase no camiño navarro de peregrinación a Santiago, entre Viscarret e San Miguel el Viejo.
-
PERSOEIRO
Militar. Participou nas campañas de Cuba, as Filipinas e Marrocos. Dirixiu a represión da folga en Asturias no 1917. Foi comisario en Marrocos, tenente xeneral, director da Garda Civil e presidente do Consello Supremo de Guerra e Mariña. En 1931 presidiu o consello de guerra contra o goberno provisional republicano, que derivou nunha manifestación pública contra a ditadura e a monarquía. Trala instauración da República foi presidente da Cruz Vermella e tentou desenvolver unha actuación política de esquerdas, que foi rexeitada polos socialistas. Publicou algúns ensaios dos que destacan Mi rebeldía (1904) e Morbo nacional (1906).
VER O DETALLE DO TERMO