"CESGA" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Centro constituído pola Xunta de Galicia e polo Consello Superior de Investigacións Científicas, inaugurouse en 1993 en Santiago de Compostela co obxectivo de atender as necesidades de cálculo intensivo dos científicos galegos e proporcionar apoio a tarefas de investigación. Xestiona a Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (Recetga), que une os centros de investigación da comunidade e proporciona acceso a Internet a través da RedIRIS, a rede pública española dedicada ao mundo da investigación. Nos superordenadores do Centro pódense realizar desde síntese de fármacos ata simulacións da evolución do clima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo constituído no ano 1963 co nome de CESNO (Consejo Económico-Sindical del Noroeste) como instrumento para o estudo da problemática socioeconómica de Galicia e para adecuar criterios arredor destes temas. Formado por diversas autoridades civís, xunto con funcionarios sindicais, que representaban os órganos de goberno, carecía de facultades executivas e de capacidade financeira para acometer proxectos. Estaba composto dun pleno, unha comisión permanente e unha comisión executiva.

    VER O DETALLE DO TERMO