CESGA

CESGA
Nome científico: [Centro de Supercomputación de Galicia]

Centro constituído pola Xunta de Galicia e polo Consello Superior de Investigacións Científicas, inaugurouse en 1993 en Santiago de Compostela co obxectivo de atender as necesidades de cálculo intensivo dos científicos galegos e proporcionar apoio a tarefas de investigación. Xestiona a Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (Recetga), que une os centros de investigación da comunidade e proporciona acceso a Internet a través da RedIRIS, a rede pública española dedicada ao mundo da investigación. Nos superordenadores do Centro pódense realizar desde síntese de fármacos ata simulacións da evolución do clima.

Palabras veciñas

Cesatel | Cesbron, Gilbert | Cesena | CESGA | CESGA | CESID | cesio