cesio

cesio

(< lat caesiu ‘azul claro’)

Nome científico: [Cs]
s m [QUÍM]

Elemento pertencente ao grupo I da táboa periódica, de número atómico 55 e peso atómico 132,90. Descuberto espectroscopicamente por R. W. Bunsen (1860), ten un espectro formado por dúas raias azuis, que lle deron o nome. O cesio é un metal tóxico e brando, de cor amarela pálida, que se prepara por electrólise do seu cloruro fundido. Como os outros metais alcalinos, cristaliza no sistema cúbico de caras centradas, ten unha gran condutibilidade eléctrica e térmica, e un poder reflector elevado. A diferenza do sodio e do potasio, o cesio pode actuar con números de oxidación diferentes de +1, para dar numerosos subóxidos, peróxidos e dous óxidos normais: Cs2O e Cs2O2. Por ser un dos metais que emite máis facilmente electróns baixo a acción da luz, utilízase na fabricación de células fotoeléctricas e o seu núclido radioactivo 137 emprégase na radiografía industrial.