"CIM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 142.

    1. Macromolécula de natureza proteica que intervén no metabolismo celular modificando e, a miúdo, acelerando a velocidade das reaccións bioquímicas que en condicións normais de pH e temperatura terían lugar con moita máis lentitude. Debido á natureza proteica dos enzimas, as súas propiedades son as dunha proteína; así, por exemplo, son sensibles á calor e, en solución, a súa desnaturación é rápida por riba dos 60 °C. Unha das características máis importantes dos enzimas é a súa elevada especificidade, respecto ao tipo de substrato sobre o que actúa e os produtos que resultan da reacción. Isto fai que, a diferenza dos catalizadores químicos, os enzimas actúen cada un sobre un substrato determinado e que na reacción non aparezan produtos laterais. Os enzimas presentan un núcleo activo onde se forma, de xeito temporal, o complexo enzima-substrato. Este complexo favorece o aumento da velocidade da reacción e, polo tanto, a cantidade de produto ao que dá lugar o enzima. Unha vez rematada a reacción,...

    2. Número de unidades de enzima por cada miligramo de proteína.

    3. endonuclease de restrición.

    4. Cantidade de enzima que transforma un micromol de substrato por minuto en condicións óptimas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Academia científica fundada en Florencia por Leopoldo de Médici (1657) seguindo o exemplo da Accademia dei Lincei e as ensinanzas de Galileo Galilei recollidas polos seus discípulos. Tiña como obxectivo o estudo dos métodos experimentais e da física moderna. Desenvolveu e realizou importantes experimentos sobre a presión do aire, os efectos do vougo, a conxelación de líquidos, as propiedades da calor, a propagación do son e da luz, cuestións de astronomía e ciencias naturais, etc. Mantivo relacións estreitas con outras academias científicas europeas, principalmente coa Académie des Sciences de París e coa Royal Society de Londres. Publicou uns Saggi (Ensaios, 1666), que permitiron establecer a importante contribución que fixo o movemento científico da época. Cesou a súa actividade en 1667.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe orixinaria de Ourense. Relacionado con esta caste está o apelido Acimar. As súas armas levan, sobre campo de azur, unha montaña de sinople. A parte máis alta desta, a cima, dálle nome ao apelido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Armazón de madeira que serve como soporte para a construción de arcos e bóvedas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe orixinaria da Coruña. Relacionado con esta caste está o apelido Cimbre. As súas armas levan, en campo de goles, un acimbre.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pan que non levedou.

    2. Durante a festa da Pascua, pan sen levedar que comen os xudeus para lembrar a súa saída de Exipto. Emprégao a Igrexa Católica na misa por mor da crenza de que Xesús se serviu del, na Derradeira Cea cos seus discípulos, para a institución da Eucaristía.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Arco do horizonte contado desde o punto cardinal N ou S ata a vertical do astro.

      2. acimut astronómico

        Arco do horizonte que vai desde o punto cardinal N, para o observador situado no hemisferio sur, ata a vertical do astro. Compútase de 0° a 180°. Recibe o nome de oriental, se o astro está situado no L do meridiano do observador, e occidental, se está situado no O deste meridiano.

      3. acimut náutico

        Arco do horizonte, computado desde o N e cara ao L ata a vertical do astro. Compútase de 0° a 360°.

      4. acimut náutico por cuadrantes

        Arco do horizonte computado desde o punto cardinal N ou S ata a vertical do astro. Compútase de 0° a 90°. O punto de orixe e a dirección indícanse coas letras representativas de cada un dos puntos cardinais.

    1. No rexistro de sinais eléctricos sobre cinta magnética, ángulo que forma o entreferro da cabeza de rexistro ou de reprodución coa perpendicular á dirección de avance da cinta magnética.

    2. Fixados unha antena determinada e un punto calquera, ángulo formado entre a dirección desde este punto ata a antena e a dirección do meridiano.

    3. Ángulo comprendido nun plano horizontal, formado por un plano visual que pasa por un punto e unha dirección fixa; esta dirección é a determinada polo radio do círculo graduado do goniómetro, que pasa pola orixe deste círculo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao acimut.

      1. Goniómetro empregado para medir acimuts. Se o colimador é de alidada de pínula, o acimutal recibe o nome de pantómetro e, se é de anteollos, o de acimutal de anteollos.

      2. acimutal de anteollos

        Acimutal con colimador de anteollos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de instrumentos de observación que permiten medir tanto o acimut como a altura dun astro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato aluminicosódico hidratado, NaAlSi2O6·H2O, tectosilicato do grupo das zeolitas. Cristaliza no sistema cúbico, e os cristais poden estar illados, reunidos en drusa ou en agregados compactos ou terrosos. É de exfoliación pouco clara e a súa cor é branca, rosa ou gris. Ten unha dureza de 5,5 e un peso específico de 2,24. Aparece nas cavidades dos basaltos como produto da transformación da nefelina e a leucita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escritor pertencente a un grupo de narradores galegos en castelán, algúns deles xa se deran a coñecer como tales antes de 1936. O seu traballo ao servizo da cultura de Galicia tivo o seu verdadeiro desenvolvemento a partir da década dos 50. O seu labor insírese dentro da corrente do novo ensaísmo de raizame galega e moderno espírito europeo. Orixinal ensaísta, escribiu un estudo titulado Etnobiología atlántica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia de Carnota, no concello do mesmo nome, de 457 m de altitude. Forma parte do Monte do Pindo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano, tamén coñecido como Arcimboldo. A súa pintura baséase no gusto pola alegoría, tan propio do Renacemento, e na afección pola extravagancia, propia do Manierismo. Na súa obra máis coñecida, os heteroxéneos elementos representados, sobre todo vexetais, artéllanse para conformar figuras antropomorfas, mesmo auténticos retratos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundada o 23 de marzo de 1898 en Santiago de Compostela, foi a primeira organización patronal desta cidade e unha das primeiras de Galicia. O seu obxectivo básico era a defensa mutua e protección recíproca dos seus asociados, cando a súa autoridade ou os seus intereses de clase estivesen ameazados polo obreiro, especialmente na folga ou no paro. Non se admitía ningún aprendiz (menor de 16 anos) que estivese afiliado a calquera das sociedades de resistencia da cidade e, sobre todo, aqueles que xa pertenceran ás organizacións obreiras, procurando os seus xefes que abandonasen esta afiliación. Por outra banda, os afiliados a esta patronal, comprometíanse a non dar traballo a aquel obreiro que non viñese provisto dun documento, expedido polo seu anterior patrón, no que se informaba de que abandonaba o traballo voluntariamente sen ter secundado protestas obreiras ou ter cometido faltas graves na empresa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta latino e mestre en Retórica. Deixou un gran número de poemas (“Liber eglogarum”, “Ephemeris”, etc.) A súa obra máis importante é Mosella, narración en hexámetros dunha viaxe ao longo do río Mosella, que posúe unha gran riqueza nas descricións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (238) que foi asasinado polos pretorianos despois de noventa e nove días de goberno. Gobernou xunto con Marco Clodio Pupiano. Durante a anarquía militar da primeira metade do s III d C foi un dos representantes da tendencia senatorial en contra da actitude antiaristocrática do exército.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto aromático heterocíclico. É unha base débil, soluble en auga quente, obtida por condensación do o-diaminobenceno co ácido fórmico. Pódense caracterizar as aldosas por conversión en derivados do bencimidazol, dos que se mide o seu poder rotatorio específico.

    VER O DETALLE DO TERMO