ácimo
ácimo
(< lat azymu < gr ἄζυμος <ἀ ‘sen’ + ζύμη ‘levadura’)
-
s
m
Pan que non levedou.
Ex: O pan estaba ácimo.
Sinónimos: asmo. -
s
m
[RELIX]
Durante a festa da Pascua, pan sen levedar que comen os xudeus para lembrar a súa saída de Exipto. Emprégao a Igrexa Católica na misa por mor da crenza de que Xesús se serviu del, na Derradeira Cea cos seus discípulos, para a institución da Eucaristía.