"CIT" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 410.
-
PERSOEIRO
Sultán otomano (1839-1861). Sucedeu ao seu pai Mahmut II durante a guerra con Exipto, na que combateu coa axuda de Gran Bretaña, Rusia, Prusia e Austria (Tratado de Londres, 1840). A súa política de reformas provocou a oposición das clases dirixentes e dos ulemas. Loitou contra Rusia na Guerra de Crimea (1854-1855) e mantivo a integridade territorial de Turquía mercede ao Tratado de París (1856). Sucedeuno o seu irmán Abdülaziz.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Derradeiro Califa turco (1922-1924). Ao se abolir o Sultanato (1922), a Asemblea Nacional elixiuno como xefe exclusivamente relixioso. Trala supresión do Califato (1924), viuse obrigado a marchar ao exilio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Eritrocito deformado por proxeccións membranosas irregulares, de dimensións e forma variable, que lembra a folla do acanto. A presenza destes eritrocitos no sangue denomínase acantocitose.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Anomalía morfolóxica dos eritrocitos que presentan na súa superficie prolongacións grandes e rugosas (eritrocitos espiñosos ou acantocitos). Forma parte da enfermidade coñecida como abetalipoproteinemia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Célula constituínte do tecido adiposo. Contén un vacúolo líquido de graxa, que representa o 95% do peso celular. Chámase tamén esteatocito.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación xenérica dos linfocitos e monocitos. Son células leucocíticas de núcleo grande e nas que non se observan gránulos citoplasmáticos. Prodúcense no sistema linfático e na médula ósea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade do sangue caracterizada pola ausencia ou diminución moi marcada de neutrófilos no circulación periférica, que case sempre coincide coa súa ausencia en estado maduro na médula ósea. Xeralmente a provoca unha hipersensibilidade medicamentosa. Os síntomas son os propios dunha grave infección por ausencia de defensas orgánicas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dise do tipo de óvulo que presentan a maioría dos mamíferos, pobre en vitelo e que experimenta unha segmentación total e bilateral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Diminución notable do número de linfocitos causada xeralmente por unha atrofia do tecido linfático (síndrome de linfocitóptise esencial).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pequena bolboreta coas ás de cor gris e amarela, e as antenas avermelladas. A súa larva, como a doutras trazas, é moi prexudicial para os cereais, tanto no campo como almacenados.
-
-
Relativo ou pertencente aos amalecitas.
-
Individuo dunha das tribos nómadas establecidas no S do Negueb, que aparecen na Biblia como descendentes de Amalec, neto de Esaú. En guerra constante cos israelitas, foron exterminados por David.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Célula propia do sangue e doutros líquidos orgánicos dos invertebrados, capaz de provocar movementos ameboides; adoita ter unha función fagocitaria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ausencia ou diminución extrema de megacariocitos na médula ósea hematopoética. É un sinal determinante da trombopenia conxénita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Silicato de aluminio anhidro Al2SiO5. Cristaliza no sistema rómbico; os cristais son sinxelos, de forma prismática alongada, raramente transparentes, de cor rosada e de exfolicación clara. Ten dureza 6,5-7,5 e peso específico 3,1. É un mineral abondoso nas rochas metamórficas e é alóxeno nas rochas sedimentarias. O Al2SiO5 é trimórfico: as outras dúas formas de mineralización son a distena e a silimanita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Anisometría celular, especialmente dos eritrocitos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cloruro de calcio natural hidratado, de fórmula CaCl2 ·6H2 O, descuberto na Antártida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dise dos elementos, sobre todo aqueles dunha bobina, dispostos de forma que se reduza a un mínimo a súa capacidade parasita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia ou división administrativa romana, cun breve período de existencia (216 e 217), creada polo Emperador Marco Aurelio Antonino Caracalla (211-217) como resultado da secesión dun territorio da Provincia Citerior Tarraconense, identificado coa Gallaecia, e que se correspondía cos tres conventus xurídicos noroccidentais: asturicense, lucense e bracarense. A súa creación debeuse a motivos económicos e militares: era preciso controlar o territorio fronte a posibles revoltas indíxenas e asegurar o acceso ás minas de ouro do noroeste de Hispania, situadas principalmente no Bierzo. Con estas medidas, Caracalla tentaba revitalizar as explotacións auríferas, que xa coñeceran o seu momento de esplendor durante a época flavia. Coa morte de Caracalla no 217, xa certificado o esgotamento mineiro debido en gran medida á pouca rendibilidade dos procedementos técnicos empregados, a nova provincia desapareceu e pasou a estar baixo o mando do gobernador da Tarraconense. O seu único gobernador,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carbón mineral, o máis antigo pola súa idade xeolóxica e o máis rico en carbono (do 90 ao 97%). Amorfa, fráxil e de fractura irregular. É de cor negra ou gris ferro, de superficies irisadas e opaca, e ten un brillo vítreo con tendencia metálica. Arde ben, sen fume e con chama curta, pero precisa dunha corrente de aire porque contén moi poucas substancias volátiles. É un combustible ideal para a calefacción doméstica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á antracita, semellante á antracita.