antracita

antracita

(

s f [MINERAL]

Carbón mineral, o máis antigo pola súa idade xeolóxica e o máis rico en carbono (do 90 ao 97%). Amorfa, fráxil e de fractura irregular. É de cor negra ou gris ferro, de superficies irisadas e opaca, e ten un brillo vítreo con tendencia metálica. Arde ben, sen fume e con chama curta, pero precisa dunha corrente de aire porque contén moi poucas substancias volátiles. É un combustible ideal para a calefacción doméstica.