"Caico" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 8.

    1. erso grego ou latino formado por un espondeo, un iambo, unha cesura e dous dáctilos, ou ben por dous dáctilos e dous troqueos. Este tipo de verso tamén foi utilizado polos poetas latinos do s V e moi apreciado para os cantos líricos dos gregos.

    2. Estrofa grega, atribuída a Alceo de Lesbos e retomada por Horacio, composta por catro versos soltos: dous decasílabos compostos, un eneasílabo dáctilo e un decasílabo trocaico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten carácter de antigüidade.

    2. Fase inicial dun proceso natural ou histórico, dun ciclo formal artístico ou literario.

    3. Anticuado, caído en desuso.

    4. Segundo a definición actual deste período, é un termo incorrectamente usado para referirse aos terreos máis antigos do NO peninsular; debería empregarse Precámbrico ou Vendense.

      1. Relativo ou pertencente ao arqueozoico.

      2. era arcaica

        Arqueozoico.

    5. Período da arte grega que abrangue os ss VIII-VI a C.

    6. Denominación coa que é coñecida cada unha das series de culturas de América Central e do Norte (parte sudoccidental e atlántica) anteriores ás grandes culturas americanas. Comprende o final do Paleolítico en Norteamérica, abranguendo dende o final das culturas paleoindias (7000 a C) ata a introdución da economía agrícola en gran parte das rexións durante o primeiro milenio antes da nosa era. Caracterízase por múltiples adaptacións económicas rexionais, semisedentarias de amplo espectro con caza de pequenos animais, pesca e, especialmente, recolección vexetal. En California datan do primeiro milenio a C, sendo típicas as casas semisubterráneas de planta redonda. Á parte atlántica correspóndenlle pobos cazadores e recolectores. En América Central as culturas arcaicas van dende o segundo milenio ao ano 400 a C e están moito máis desenvolvidas (pirámide de Cuicuilco).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros, e tamén da xerga dos cesteiros de Mondariz, que corresponde á voz ‘Deus’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros, e tamén da xerga dos cesteiros de Mondariz, que corresponde á voz ‘igrexa’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ARQUIPELAGOS

    Arquipélago de América do Norte, situado ao SL das Bahamas, separado destas polo paso de Caicos e constituído por seis illas e dezaseis illotes de orixe coralina (430 km2; 4.001 h [1980]). As máis importantes son North Caicos, Middle Caicos, East Caicos, South Caicos e West Caicos. Forma parte da colonia británica das illas Turks e Caicos. Ten aeroporto internacional na illa de South Caicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao troqueo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Grupo de illas do Atlántico occidental, na prolongación suroriental das Bahamas, que forman parte das Antillas británicas (430 km2; 17.000 h [estim 2001]). A capital é Cockburn Town (2.500 h [1987]), na illa de Grand Turk. O clima é tropical marítimo, influído polos alisios. A economía baséase na agricultura, na pesca e nas salinas.

    VER O DETALLE DO TERMO