arcaico -ca
(< lat archaĭcu < gr ἀρχαικός‘antigo’)
-
adx
Que ten carácter de antigüidade.
-
adx
Fase inicial dun proceso natural ou histórico, dun ciclo formal artístico ou literario.
-
adx
Anticuado, caído en desuso.
-
s
[CRON/XEOL]
Segundo a definición actual deste período, é un termo incorrectamente usado para referirse aos terreos máis antigos do NO peninsular; debería empregarse Precámbrico ou Vendense.
-
[ESTRATIG]
-
adx
Relativo ou pertencente ao arqueozoico.
-
era arcaica
Arqueozoico.
-
adx
-
arte arcaica
[ARTE]
Período da arte grega que abrangue os ss VIII-VI a C.
-
cultura arcaica ou período arcaico
[ETN]
Denominación coa que é coñecida cada unha das series de culturas de América Central e do Norte (parte sudoccidental e atlántica) anteriores ás grandes culturas americanas. Comprende o final do Paleolítico en Norteamérica, abranguendo dende o final das culturas paleoindias (7000 a C) ata a introdución da economía agrícola en gran parte das rexións durante o primeiro milenio antes da nosa era. Caracterízase por múltiples adaptacións económicas rexionais, semisedentarias de amplo espectro con caza de pequenos animais, pesca e, especialmente, recolección vexetal. En California datan do primeiro milenio a C, sendo típicas as casas semisubterráneas de planta redonda. Á parte atlántica correspóndenlle pobos cazadores e recolectores. En América Central as culturas arcaicas van dende o segundo milenio ao ano 400 a C e están moito máis desenvolvidas (pirámide de Cuicuilco).