"Calabria" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • REXIÓNS

    Rexión da Italia meridional que comprende as provincias de Catanzaro, Cosenza, Crotone, Reggio di Calabria e Vibo Valentia (15.080 km2; 2.064.718 h [1998]). Situada entre o Mar Tirreno e o Mar Xónico, está separada de Sicilia polo estreito de Mesina. A capital é Catanzaro. É unha rexión accidentada polos Apeninos, con elevacións que oscilan entre os 1.800 m e os 2.300 m de altitude. Posúe un clima mediterráneo. A súa economía baséase nunha agricultura latifundista, dedicada á oliveira, vide, cereais e algodón. Outras actividades primarias destacadas son a pesca ou a explotación do sal xema e do xofre. A industria está pouco desenvolvida. Poboada dende o Paleolítico foi colonizada polos gregos no s VIII a C e conquistada polos romanos no s III a C. Durante esta etapa desenvolveu unha importante actividade económica favorecida pola súa produción agrícola. Desde mediados do s VI, formou parte do Imperio Bizantino, sufrindo primeiro a invasión dos ostrogodos e logo dos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • División máis vella do Cuaternario con categoría de piso mariño do Mediterráneo. O seu equivalente continental é o Villafranquiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Calabriano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, en Calabria, Italia, situada no estreito de Messina (179.384 h [2001]). A súa economía baséase no cultivo de flores para a fabricación de esencias. Posúe un porto comercial. Fundada polos gregos de Calcídica (270 a C), foi, sucesivamente, bizantina e normanda. Foi sede metropolitana de Italia meridional e residencia do duque de Calabria. En 1443 converteuse en posesión da Coroa de Aragón ata finais do s XVIII. En 1860 foi conquistada por Garibaldi, que a incorporou ao Reino de Itala. Coa nova lexislación administrativa de 1970 a capitalidade de Calabria déuselle a Catanzaro, o que provocou graves disturbios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da Calabria, Italia (3.183 km2; 563.405 h [2001]). A súa capital é Reggio di Calabria.

    VER O DETALLE DO TERMO