"Calisto" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • Ninfa de Arcadia, compañeira de Ártemis. Zeus namorouse dela pero como ela fuxía dos homes adoptou a figura de Ártemis para enganala e poder manter relacións. Cando Calisto quedou embarazada, Ártemis, baixo as influencias da celosa Hera, transformouna en osa e botouna fóra ao perder a virxindade. Finalmente, Zeus converteuna na constelación da Osa Maior. Segundo a lenda, da unión de ambos naceu Árcade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Satélite galileano de Xúpiter, o máis exterior dos catro que ten, descuberto por Galileo en 1601. Percorre unha órbita case circular no plano ecuatorial do planeta, a unha distancia media de 1.880.000 km, nun período duns dezaseis días. Aínda que o seu albedo é moi pequeno, arredor de 0,2, o seu raio de 2.410 km faino visible dende a Terra cun pequeno telescopio. As fotografías enviadas polas sondas Voyager 1 e Voyager 2 amosan unha superficie chea de cráteres, dun diámetro medio de 100 km. Ten a metade dun dos hemisferios cuberta por uns aneis concéntricos que envolven unha rexión central brillante duns 600 km de diámetro, a conca de Valhalla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (217-222) e fundador da igrexa romana de Santa Maria in Trastévere. Escravo dun cristián chamado Carpóforo, logrou escapar pero, como todos os escravos fuxitivos, logo de ser apresado tivo que ir ás minas. Conseguiu saír de alí co indulto dunha lei humanitaria e, logo de se emancipar, o Papa Ceferino ordenouno diácono. Destacou como organizador da comunidade cristiá romana e ao seu cargo estivo o cemiterio cristián da vía Apia durante o pontificado de Ceferino, que leva o seu mesmo nome e que contén o sepulcro de santa Cecilia. Condenou o modalismo de Sabelio, heresiarca que negaba o dogma da Santísima Trindade e ao que excomungou. Despois de exercer o seu labor como papa encarcerárono. Finalmente, martirizárono: guindárono a un pozo cunha pedra (ou unha moa de muíño) ao pescozo na vía Aurelia. Represéntase na iconografía con indumentaria papal e levando como atributos a maqueta dun edificio (por ser construtor) e un pozo ou unha moa dun muíño, símbolo do seu martirio. Conmemorado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1119-1124), de nome Guido de Borgoña. Era fillo do conde Guillerme de Borgoña. En 1088 nomeárono arcebispo de Viena. Defensor da reforma eclesiástica, opúxose a Enrique V na Querela das Investiduras. Elixido papa o 1 de febreiro de 1119 en Cluny, convocou o concilio de Reims, condenou as investiduras e excomungou a Enrique V e o antipapa Gregorio VIII. Asinou o Concordato de Worms o 23 de setembro de 1122 que puxo fin á Querela das Investiduras, documento que se ratificou no primeiro Concilio de Letrán, en 1123. Atribúeselle a autoría do Liber Sancti Iacobi ou Códice Calixtino, manuscrito en latín do s XII, unha guía de peregrinos do Camiño de Santiago que se conserva na catedral compostelá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1455-1458), de nome Afonso de Borja. Pertencía a unha familia da pequena nobreza. Uxío IV nomeouno cardeal en 1444 e elixírono papa en 1455. A raíz da toma de Constantinopla polos turcos (1453), intentou organizar unha gran cruzada. Recuperou Belgrado (1456), e coa axuda de Afonso V de Aragón liberou Albania (1457). Durante o seu pontificado tivo lugar o proceso de rehabilitación de Xoana de Arco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pronome que vén do grego Kállistos (κάλλιστος) ‘belísimo, fermosísimo’, superlativo de kalós (καλός) ‘bo, fermoso’. Presenta as variantes Calistro/ Calistra. Tres papas levaron este nome: Calisto I (s III), santo mártir que se celebra o 14 outubro, Calisto II (ss XI-XII) e Calisto III (ss XIV-XV).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • La Celestina.

    VER O DETALLE DO TERMO