"Calla" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 53.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Amazocarse e botar herba á terra dunha herdade labrada sen lle ter pasado a grade.
-
-
Poñer o chocallo.
-
Dar forma de chocallo ou imitar o seu son.
-
Divulgar unha nova, o contido dalgún documento, etc.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao bacallau ou á súa pesca.
-
Quen comercia co bacallao ou quen o vende.
-
Tipo de barco construído para a pesca do bacallao ou adaptado para este servicio. Na actualidade son barcos dunhas 300 toneladas, normalmente con motores diesel, con maquinaria auxiliar adecuada e con técnicas de arrastre.
-
-
-
Nome que reciben os peixes do xénero Gadus, da familia dos gádidos. Son especies mariñas de corpo alongado, que poden acadar 1,5 m de lonxitude. Presentan unha barbela baixo o queixo e todas as súas aletas, tres dorsais arredondadas e unha ventral que non chega ata o ano, carecen de espiñas. Son de cor variable segundo o ambiente; pasan da parda amarelada á grisalla ou vermella e posúen unha liña lateral clara. Son peixes moi voraces que se alimentan de vermes, crustáceos e outros peixes. Achéganse á costa no inverno, pero xeralmente aparece en profundidades de 30 a 200 m, nas augas frías e pouco salgadas da parte norte do Atlántico. Conta con numerosas especies todas elas de interese comercial, das que as máis importantes son as que habitan en Grenlandia e Terranova. Na nosa área pódense atopar G. callarias, presente no Mar Báltico, e G. morrhua, dende o golfo de Bizkaia ao Mar de Barents, que é de cor máis apagada e sen manchas escuras. A súa captura constitúe...
-
Nome que recibe nalgunhas zonas de Galicia o lirio.
-
-
PERSOEIRO
Diplomático e historiador. Foi gobernador de Cagliari e da Gallura. Partidario activo dos dereitos de Filipe V sobre Sardeña (1708-1709), obtivo como recompensa o título de marqués de San Filipe (1709). Destacou como ministro en Xénova (1714) e contribuíu a organizar a ocupación de Sardeña (1717) e Sicilia (1718). En 1725 foi nomeado embaixador español na Haia. Como escritor cultivou a poesía en Los Tobías (1709), poema autobiográfico en oitavas, pero sobre todo é coñecido polas súas obras teórico-políticas e históricas: Palacio de Momo (1714), Monarquía hebrea (1787), Comentarios de la guerra de España desde el principio del reinado del rey Felipe V hasta la paz general del año 1725 (1725?). Tamén se lle atribúe unha Description géographique, historique et politique du royaume de Sardaigne (Descrición xeográfica, histórica e política do reino de Sardeña, 1725).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Rubiá baixo a advocación da Nosa Señora da Asunción.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de botar pola boca os alimentos engolidos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dando tombos polo chan.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas da familia das aráceas, perennes, provistas de rizomas e de follas grosas e ovais. As flores dispóñense nun espádice cuberto por unha espata curta e elíptica. Medran nas marismas do centro de América do Norte e cultívanse tamén en xardinería.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produto semisólido obtido do leite sometido a coagulación pola acción do labfermento ou doutros enzimas coagulantes, sen adición de fermentos lácteos.
-
-
de callar ou callarse.
-
Aplícase a un líquido como o leite ou o sangue cando calla e se solidifica.
-
-
PERSOEIRO
Escritor e xornalista. Traballou na BBC e no diario Correio da Manhã. Escribiu, entre outras obras, Assunção de Salviano (1954), Bar Don Juan (1971) e Reflexos do baile (1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Gallaecia.
-
PERSOEIRO
Político inglés. Militante laborista e sindicalista, foi chanceler do exchequer (1964-1967) e líder do Labour Party (1976-1980). En 1976 sucedeu a J. Harold Wilson como primeiro ministro. O seu goberno estivo marcado pola recesión económica de 1973 e polas malas relacións cos sindicatos, causadas pola austeridade das súas medidas económicas. Dimitiu a causa da vitoria conservadora nas eleccións de 1979 que levaron ao poder a Margaret Thatcher. Substituíuno á fronte do partido laborista Michael M. Foot en 1980.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Herba ou arbusto do xénero Galium, da familia das rubiáceas, de ata 180 cm de lonxitude, de talo circular ou cuadrangular, as máis delas rubideiras ou rastreiras, con flores de corola tubular de catro lóbulos dispostas en panículas ou capítulos, e froito con dous mericarpos. En Galicia son comúns as especies: G. aparine, anual, de follas de ata 5 cm de lonxitude, dispostas en verticilos de ata 9 e con pequenas espiñas na marxe, flores brancas, froitos de ata 5 mm inzados de ganchiños, propia de bosques, matogueiras e camiños; G. broterianum, perenne, de follas de ata 3 cm de lonxitude dispostas en verticilos de catro, flores brancas e froitos glabros de ata 1,5 mm, propia de ambientes sombrizos que constitúe un endemismo ibérico occidental; G. mollugo, perenne, de follas de ata 25 mm de lonxitude dispostas en verticilos de ata 8, flores brancas e froitos sen pelos de ata 2 mm, propia das beiras dos bosques e prados; G. palustre, perenne, de follas...
-
carrapizo.
-
-
Recipiente de barro no que se prepara a callada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes da familia dos serránidos ao que pertence o peixe papagaio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pedra de pequeno tamaño, especialmente a que tomou forma arredondada e que presenta unha superficie lisa a causa da erosión.
-
CAPITAIS
Capital da provincia constitucional do mesmo nome, en Perú (369.768 h [estim 1996]). Está situada á beira do Pacífico, a 10 km da capital, na desembocadura do río Rimac, nun porto natural protexido pola península de La Punta e as illas de San Lorenzo e El Frontón. O clima é algo máis calido ca o do interior, cunha media anual de 19°C. O porto serve ás extensas terras interiores como centro comercial e é base dunha importante flota pesqueira. Posúe boas comunicacións, ten grandes estradas e é punto de partida da liña de ferrocarril Trasandina xunto a un importante aeroporto. Estas características converteron a Callao no centro das exportacións do Perú. Ademais, ten comunicación marítima directa con Panamá, Chile e Nova York. É un núcleo industrial, no que destacan as construcións navais e as industrias derivadas da pesca, fábricas de fariña e de fertilizantes. Fundada polos españois en 1537 como porto de Lima, adquiriu unha grande importancia durante a época vicerreinal como centro de comercio...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia constitucional do Perú (74 km2 ; 699.585 h [estim 1996]). A capital é Callao. Formada por 5 distritos, trátase dunha división administrativa especial creada ao redor da cidade de Callao.
-
-
Facer que unha substancia, sobre todo o leite e o sangue, se volva sólida.
-
Solidificarse un líquido.
-
Formarse unha capa de neve sobre o chan.
-
Converterse en realidade ou chegar a desenvolverse na práctica algunha cousa que se estaba xerando.
-
Ser aceptada unha proposta que comporta un resultado novidoso.
-
Quedarse inmóbil a causa do medo.
-