"Camden" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • CIDADES

    Cidade de Inglaterra, Reino Unido (189.119 h [1996]), un dos 32 distritos do Gran Londres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de pintores postimpresionistas ingleses creado en 1911 e dirixido por Walter Richard Sickert. Estes artistas tomaron o nome da zona obreira londinense que popularizou Sickert nas súas obras. Formaron parte do grupo, entre outros, Robert Bevan, Harold Gilmar, Charles Ginner, Spencer Gore, Ducan Grant, Augustus John e Lucien Pisarro. Rexeitaron o romanticismo da Royal Academy e propugnaron o realismo descritivo. Ademais de representar o barrio de Camden Town, cultivaron a paisaxe, os retratos, as escenas de interior e os bodegóns. Realizaron dúas exposicións en 1911 e outra en 1912. En novembro de 1913 fusionáronse con outros grupos artísticos e crearon o Grupo de Londres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e xeógrafo. Formado na Universidade de Oxford, dirixiu a escola de Westminster entre 1593 e 1597. En 1586 publicou Britannia, unha visión topográfica de Inglaterra, que tivo unha gran repercusión na historiografía posterior, e Annales rerum Anglicarum et Hibernicarum regnante Elizabetha (Anais do estado dos ingleses e dos irlandeses durante o reinado de Isabel, 1615). No seu honor fundouse a Camden Society.

    VER O DETALLE DO TERMO