Camden Town Group, The

Camden Town Group, The

Grupo de pintores postimpresionistas ingleses creado en 1911 e dirixido por Walter Richard Sickert. Estes artistas tomaron o nome da zona obreira londinense que popularizou Sickert nas súas obras. Formaron parte do grupo, entre outros, Robert Bevan, Harold Gilmar, Charles Ginner, Spencer Gore, Ducan Grant, Augustus John e Lucien Pisarro. Rexeitaron o romanticismo da Royal Academy e propugnaron o realismo descritivo. Ademais de representar o barrio de Camden Town, cultivaron a paisaxe, os retratos, as escenas de interior e os bodegóns. Realizaron dúas exposicións en 1911 e outra en 1912. En novembro de 1913 fusionáronse con outros grupos artísticos e crearon o Grupo de Londres.

Palabras veciñas

Cambronne, Pierre-Jacques-Etienne | cambuzar | Camden | Camden Town Group, The | Camden, William | camedrio | caméfito -ta