"Canterbury" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 8.

  • PERSOEIRO

    Bispo de Canterbury. Foi predicar o evanxeo a Inglaterra como misioneiro no 597 dende o mosteiro romano de Santo Andrés por orde do Papa Gregorio Magno. Apoiado polo Rei Etelberto de Kent, a quen xa convertera, predicou a moita xente e fundou abundantes igrexas, a maior parte delas no Reino de Kent. Encontrou hostilidade no clero céltico de Gales, moi aferrado ás tradicións propias. No 601 foi consagrado Bispo de Canterbury. A súa festa celébrase o 27 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Anselmo
    .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do condado de Kent, no SL de Inglaterra, Reino Unido, á beira do río Stour (116.829 h [1981]. É un coñecido mercado agrícola e núcleo industrial, onde destacan as empresas téxtiles e as de elaboración de produtos lácteos. A cidade correspóndese coa colonia romana chamada Durovernum. Os primeiros misioneiros, enviados por santo Agostiño de Canterbury, establecéronse no 597. Converteuse en sé episcopal no ano 602 e a sé titular foi designada como primada de Inglaterra. O arcebispo Thomas Becket foi asasinado na catedral en 1170 e, despois da súa canonización (1172), Canterbury converteuse nun centro de peregrinaxe moi frecuentado na Idade Media. A construción da Christ Church Cathedral iniciouna en 1070 o arcebispo Lanfranc. En 1174 un incendio destruíu a cabeceira, que sería reconstruída polo mestre francés Guillaume de Sens baseándose nun esquema da catedral de Sens. En 1379 derrubouse a nave para construír unha nova, acabada en 1400, obra mestra do gótico perpendicular....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Nova Zelanda, na Illa do Sur (37.955 km2; 478.912 h [1996]). A capital é Christchurch (313.969 h [1996]). O relevo está formado por grandes chairas, con numerosos lagos (Pukaki, Kekapo, Coleridge) e ríos (Okuku, Ashley) que desembocan na baía de Canterbury. Está dividido en nove condados. No seu territorio hai diversas reservas naturais como os parques nacionais de Arthurs Pass e Nelson Lakes. A orixe da rexión remóntase á colonia fundada en 1848 por unha sociedade protestante inglesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de narracións escritas por Geoffrey Chaucer entre os anos 1380 e 1400. Trátase dunha obra inacabada que consta de 23 narracións en verso, a maioría dispostas en pareados heroicos, e dúas en prosa, que teñen como marco unitario unha peregrinación a Canterbury. O procedemento condutor escollido formúlase nun prólogo xeral onde se describe unha congregación de viaxeiros, camiño da tumba de san Thomas Becket, que deciden amenizar a marcha contando relatos. Á volta, o mellor narrador será obsequiado cunha cea na pousada na que coincidiron fortuitamente. Este artificio integra os relatos nun mesmo fío narrativo, e contribúe a dotar a obra dun ton unitario dentro da súa diversidade. Os narradores presentados e descritos individualmente no prólogo xeral aparecen ao longo da obra nos enlaces entre os contos, a miúdo caracterizados por medio de diálogos dramáticos. A función destes enlaces é manter a ilación da trama, perfilar os retratos dos personaxes e introducir o asunto dos diversos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canterbury Tales.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo inglés. Educouse en Oxford e París e ensinou filosofía, matemáticas, xeometría, filosofía aristotélica e teoloxía na universidade británica. Nomeado tesoureiro da catedral de Salisbury (1222), conservou este cargo cando foi promovido a arcebispo de Canterbury (1234). Loitou polo recoñecemento dos dereitos e bens eclesiáticos en contra de Enrique III e enfrontouse á corrupción no seo da Igrexa, feito para o que aprobou as súas Constitucións (1236). En 1240 saíu de Canterbury para Roma por mor do conflito entre o papa e o Rei Enrique III; morreu preto de Soissy e os seus restos traladáronse á abadía de Pontigny. Foi canonizado en 1247 por Inocencio IV. É patrón dos nenos acabados de nacer e da congregación de santo Edmundo. Na iconografía viste ornamentos episcopais e leva como atributo un neno espido envolto nuns panos. A súa festividade celébrase o 16 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • santo (Tarso, Cilicia 602 - Canterbury 690) Arcebispo de Canterbury. Formado en Siria e Atenas, foi a Roma, como monxe, onde, en 668, foi consagrado inesperadamente arcebispo de Canterbury polo Papa Vitaliano. Organizou e engadiu oito sés ás catro que tiña e obtivo a obediencia do bispo de York Wilfrido. A súa festividade celébrase o 19 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO