"Carballido" (Contén)
Mostrando 8 resultados de 8.
-
GALICIA
Médico. Licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e exerceu a profesión de médico na súa vila de adopción, Melide. Afeccionado aos estudios históricos e arqueolóxicos escribiu: El altar de la Inquisición de Santiago, Un hospital de peregrinos en Galicia, Pinturas murales en la iglesia de Santa María de Melide, Escultura en Galicia: los gaiteros, que publicou en revistas como Galicia Diplomática, Galicia histórica e Boletín de la Real Academia Gallega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Alfoz baixo a advocación de san Sebastián.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello da Fonsagrada baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vilalba baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Apelido de orixe toponímica. O topónimo homónimo é un abundancial formado sobre carballo, co significado de ‘lugar poboado de carballos’. Documéntase no s XIII: “Johannes Johanni de Carvalido” (doc ano 1234 en E. Rivas Quintas Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 538).
-
Liñaxe natural do lugar homónimo pertencente ao concello de Alfoz. Asentou casas nos arredores de Santiago de Compostela e no lugar leonés de Cacabelos. Espalláronse por Castela, Andalucía e unha rama pasou mesmo a Portugal. As súas armas levan, en campo de ouro, unha árbore de sinople. Algúns traen, en campo de ouro, dúas bandas de goles. Algúns representan un brazo armado de prata cun ramallete de flores. Outros ostentan, en campo de ouro, unha árbore de sinople, arrincada, e un brazo armado de goles, cunha espada na man, saíndo da capa.
-
-
PERSOEIRO
Artista plástico. De formación autodidacta, dedicouse dende os anos oitenta a diversos campos artísticos, á música e ao teatro. As súas últimas obras relacionan a música e o teatro con aspectos construtivos: Seica 187 “Deli consa en casa allea” (1999). Realizou exposicións individuais e participou tamén en mostras colectivas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e educador. Licenciouse en Medicina e exerceu a súa profesión en Galicia e Bergara (Gipuzkoa), onde ensinou a falar e a entender a un xordomudo. Discípulo de Ramírez de Carrión, trasladouse a Francia, onde tamén exerceu como médico, e posteriormente a Italia. Neste país introduciu o procedemento de ensinar aos xordomudos a expresarse, explicou os métodos de Pedro Ponce de León, Juan Pablo Bonet e Ramírez de Carrión, e traballou na demostración de que as ondas sonoras se transmiten aos xordomudos por conduto auditivo. Foi instrutor do fillo do príncipe Tomé de Savoia e médico persoal do duque de Mantua. Entre as súas obras destacan Petri a Castro Bayonatin febris maligna punticulares, aphosiomis delineata (1650), Bibliotheca Medici Eruditi (1654), Pestis Neapolitano Romana et Gemunses annorum 1656 y 1657, fidela narratione delinest et comentaris ilustratu (1657), Imber aureus seu chilias aphorisma rum ex libris epidemisis. Hipocrates et Francisco Vallisesit...
VER O DETALLE DO TERMO