"Cardona" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, á beira do río Cardener (5.882 h [1996]). A súa principal actividade económica é a minería. En 1912 descubríronse xacementos de sal potásico. As minas desta zona empezaron a producir silvinita e carnalita en 1929. A explotación da Unión de Explosivos Río Tinto chegou a producir máis dun millón de toneladas de materia bruta. En 1990 a mina parou oficialmente, aínda que segue a extracción de sal industrial. Tamén é importante a gandería porcina, ovina, cabrúa e de animais de granxa. Hai tamén fábricas téxtiles e de fíos metálicos. Sobre un outeiro está o castelo de Cardona, coa igrexa románica de San Vicente.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Explorador. Descubriu con Joan M. Mundó o Salto del Ángel en 1928 e, en solitario, as fontes do Canoní. Trala morte do seu compañeiro, proseguiu as exploracións na selva coa finalidade de fixar puntos xeodésicos para a cartografía de Venezuela. Participou, traballando como guía, na expedición franco-venezolana para o descubrimento das fontes do Orinoco (1951).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. As súas composicións son heteroxéneas, cheas de rostros humanos, elementos caligráficos e inscricións. Estivo relacionado co Grup Parpalló e formou parte dos grupos plásticos Crónica de la Realitat e Intrarealisme. Entre as súas obras salientan: Retaules de la gent (Retablos da xente, 1956), Massacres (Masacres, 1967) e Naufragis (Naufraxios, 1979). En 1971 obtivo o premio de debuxo Ynglada-Guillot.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe nobiliaria catalá de finais do s X orixinaria do castelo de Cardona. A extensión dos seus dominios pola Catalunya central e a explotación das minas de sal convertérona económica e politicamente na familia máis poderosa da Catalunya medieval. Iniciouse con Ramon Folc I (? 1040-Maldá 1086), primeiro vizconde de Cardona; entre os seus sucesores cómpre salientar a Hug Folc II (1334-1400), para quen Pedro IV de Aragón creou, en 1375, o condado de Cardona, e Joan Ramon Folc IV (1486-1513), home de confianza de Fernando o Católico, investido en 1491 co ducado de Cardona. A extinción da liña masculina e os sucesivos enlaces matrimoniais uniron a casa de Cardona coa de Aragón, cos Fernández de Córdoba e cos duques de Medinaceli.
-
PERSOEIRO
Militar e político, terceiro marqués de Leganés, marqués de Mairena e de Morata de la Vega e cuarto duque de Sanlúcar la Mayor. Comendador maior na orde de Santiago, foi lugartenente de València (1667-1669), de Catalunya (1678 e 1685-1688) e gobernador de Milán (1691-1698). Responsable da caída do ministro Oropesa, mostrouse partidario de Carlos de Austria como sucesor de Carlos II. Filipe V condenouno á cadea durante a Guerra de Sucesión Española (1705), ao descubrir que facilitara información ás forzas de Carlos de Austria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantautora. Pertencente á Nova Cançó catalá, entrou no grupo Els Setze Jutges en 1964. Cultivou tanto unha liña intimista, con discos como Visca l’amor (1968), Cançons que estimo (1974) e Una bruixa com les altres (1981), como a canción de estilo máis frívolo ou irónico, con Guillermina Show (1967), Remena nena (1970) e Lluny de Malibú (1987). En 2002 editou un álbum de discos recompilatorios con 160 cancións, titulado Fent equilibris.
VER O DETALLE DO TERMO