"Carmenta" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Divindade latina oriúnda de Arcadia, que, segundo as fontes, recibía os nomes de Nicóstrata, Temis ou Timandra. En Roma foi coñecida como Carmenta, nome derivado do latín carmen ‘canto, poema’, debido a que posuía o don da profecía e da adiviñación. Dependendo da tradición identifícase como nai ou muller de Evandro, que chegou a Roma na súa compaña logo de ser este desterrado da súa patria. As súas festas, chamadas Carmentais (Carmentalia), celebrábanse en Roma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
de escarmentar. Na tradición oral recóllense ditos como: “Benaventurado o que noutro foi escarmentado! A vella, de escarmentada, pasa o rego remangada. Cos escarmentados fanse os avisados”.
-
-
-
Castigar ou reprender a alguén para que non volva cometer unha falta.
-
Ser algo a causa de que alguén se corrixa e non volva cometer unha falta.
-
-
Aproveitar a experiencia ou as ensinanzas propias ou alleas para non cometer os mesmos erros ou faltas. Na tradición oral recóllense ditos como: “Ten que se saber escarmentar o que non queira chorar. Escarmentar na cabeza allea é unha boa ciencia”.
-