"Cartelle" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Cartelle baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da Terra de Celanova, situado na provincia de Ourense no S da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N cos concellos de Castrelo de Miño (comarca do Ribeiro), Toén e Barbadás (comarca de Ourense), ao L co da Merca, ao S cos de Gomesende, Ramirás e Celanova (Terra de Celanova), e ao O co da Arnoia (O Ribeiro). Abrangue unha superficie de 94,3 km 2 , cunha poboación de 3.487 h (2007), distribuídos nas parroquias de Anfeoz, Cartelle, Couxil, Espiñoso, As Marabillas, O Mundil, Penela, Sabucedo de Montes, San Tomé, Sande, As Seixadas e Vilar de Vacas. A capital municipal, o lugar de Outomuro, na parroquia do Mundil, está a 42° 13’ 20’’ de latitude N e 8° 1’ de lonxitude O, 133 km aoSL de Santiago de Compostela e 28 km ao SO de Ourense. Está adscrito ao partido xudicial de Celanova e á diocese de Ourense.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O territorio do concello de Cartelle está influído polo dominio climático oceánico continental. Situado nun espazo de media... -
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido que procede dun antropotopónimo formado a partir do xenitivo do nome de posesor Caritellus, derivado de Caritus e este, a súa vez, da voz común carus ‘querido, ben amado’. Documéntase no s XIII: “Pelagio Cartelle” (doc ano 1230 en Emilio Duro Peña Catálogo de los documentos privados en pergamino del Archivo de la Catedral de Orense (888-1554), 1973, p 44).
-
GALICIA
Escritor e músico. Estudiou a carreira de perito e profesor mercantil, e realizou estudios musicais na Coruña. Foi arquiveiro e bibliotecario na Asociación Musical Andrés Gaos e director da coral Galicia Nova. Como musicólogo publicou, entre outros traballos: Música popular galega e coros no ano 70 (1971), O romance popular galego e a nosa música (1972) e Dúas músicas galegas: a popular e a popularizada (1972). Escribiu a música para a peza de Manuel Lourenzo Edén, representada pola Escola Dramática Galega en 1980, e realizou a adaptación teatral de Paco Pixiñas e A nave espacial, sobre textos de Celso Emilio Ferreiro e Isaac Díaz Pardo para O Facho (1977), en colaboración con Xosé Manuel Rabón. Tamén traduciu varias obras: Conto dos cinco camiñantes, de I. García para Tespis (1979) e O retábulo da peste, de I. Bergman para O Facho (1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Cartelle. Construída en estilo barroco no s XVIII, pertenceu á orde do Temple e estivo baixo a xurisdición do arciprestado de Quiroga, en Lugo. Ten planta basilical de tres naves. No interior destaca o altar maior e no exterior a fachada barroca con frontón curvo e partido, óculos e tres portas. Posúe unha torre barroca, composta por un primeiro corpo prismático, un balcón con balaustrada, un corpo para acoller as campás e un remate articulado en dous corpos, onde se sitúa o reloxo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filólogo. Decano da facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (1993-2000), foi membro da Comisión de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela e da sección de lingua e literatura do Instituto Padre Sarmiento. Fundou e dirixiu a revista Senara (1977-1978), e foi membro do Comite Científico das revistas Verba, desde 1993, e da Revista de Investigación Lingüística, desde 1997. Escribiu El eufemismo en Galicia. Su comparación con otras áreas romances (1981), La evolución de los esquemas condicionales (1983) e Gonzalo de Berceo y el Libro de Alexandre (1989). Recibiu o premio da tese de doutoramento de 1978, concedido pola Deputación Provicial de Pontevedra.
VER O DETALLE DO TERMO