"Castro del Río" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía, drenado polo río Guadajoz (8.036 h [1996]). A base económica é a produción agrícola de cereais, oliveiras e hortalizas, e a cría de gando porcino e caprino.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tradutor e xornalista. Formado en Glasgow e Londres, foi locutor da BBC, nas seccións española e galego-portuguesa, e profesor de inglés de ensino medio. Foi correspondente en Londres dos xornais Jornal de Noticias, El Pueblo Gallego e Informaciones e colaborador de Céltiga, La Noche, Faro de Vigo, A Nosa Terra e Ser. En 1931 participou na asemblea de constitución do Partido Galeguista e foi membro do Consello Permanente. Participou activamente na campaña a prol do Estatuto de Autonomía; ademais promoveu, xunto con Álvaro de Las Casas, a fundación da Asociación de Escritores Galegos (1936). Da súa produción destaca La saudade y el arte en los pueblos célticos (1928), a tradución dos folk-dramas, en colaboración cos irmáns Villar Ponte, Catuxa de Houlihan e O país da saudade (1935), de William Butler Yeats, o estudo “Un tema de Galicia: la saudade y la poesía” (1950) e o libro de traducións...
VER O DETALLE DO TERMO